"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

05/02/2016

6 de FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 6 de febreiro Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina. Segundo sinala a OMS a mutilación xenital feminina afecta a ao redor de 140 millóns de nenas e mulleres, e cada ano máis de 3 millóns de nenas corren risco de sufrila.
Cada ano celébrase esta data para sensibilizar acerca desa práctica, xa que a mutilación xenital feminina considérase unha práctica daniña e unha violación dos dereitos humanos das nenas e as mulleres. Por iso a OMS dedica este ano unha atención especial á preocupante tendencia de que sexan os propios prestadores de atención de saúde quen realice a mutilación xenital feminina, contribuíndo dese modo a legitimizarla e mantela.
A Mutilación Xenital Feminina (MGF) é unha pauta extrema que representa a dominación patriarcal sobre o corpo feminino. A través destas prácticas de mutilación de toda ou parte dos xenitais femininos quítaselles unha forma de acceso ao pracer nas relacións sexuais, extirpándolles do mesmo xeito o control sobre a súa sexualidade.
A MGF é unha práctica que perpetúa a desigualdade de xénero e a discriminación cara ás mulleres. Son as crenzas socioculturais e relixiosas as que impón ás mulleres a idea de que teñen que practicar estes actos, pautas que nada teñen que ver coa saúde, senón que manifestan a dominación masculina sobre o corpo das mulleres.
Plan niña contra la ablación.
Noticias sobre a ablación do clítoris.