"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

03/05/2017

26 ABRIL: DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA

Abril vístese de diversidade.
O día 26 de abril é o día da visibilidade lésbica.
 É importante lembrar a doble invisibilidade a que este colectivo está sometida: por ser muller e por ser lesbiana. Non debemos esquecer que é posible ser visible e ser feliz.
É un dereito vivir a propia orientación sexual coa mesma naturalidade, sen discriminación, sexa cal sexa, lesbiana, homesexual ou heterosexual.

É un dereito compartir as propias experiencias coas amizades sen ocultarese nin avergoñarse polos sentimentos que se teñen. Dende aquí queremos apoiar a todas as persoas que viven esta situación de invisibilidade e deicirlles que non están soas.