"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

7 de feb. de 2019

11 de Febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Moitas mulleres aportaron á ciencia ao longo da historia, sen embargo coñecemos ou lembramos moi poucos nomes. Non aparecen nos libros de ciencias, nin de matemáticas, tampouco nos de tecnoloxía ou de informática. Pero fixeron investigacións e descobrementos que contribuiron ao avance da humanidade. É de xustiza devolveles o seu lugar e recoñecer os méritos de cada unha de elas.

OS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO

¿Que son os mitos?

Son falsas creenzas que aceptamos como verdadeiras pero que non responden á realidade senon á idealización das mesmas.

A fe cega nestes mitos fai que a nosa visión do amor esté totalmente desenfocada.

Así que imos ir enfocando a mirada, desmontando os mitos do amor romántico para que te leves na mochila os salvavidas que che van facer disfrutar, de verdade, de relacións estupendas e sen machismo.