20 de dec. de 2016

25 DE NOVEMBRO: CURTAMETRAXES

Para conmemorar o 25 de novembro en 2º de ESO realizamos unha serie de curtas co móvil co tema "Sen violencia de xénero dende a adolescencia".
Os estereotipos e os prexuízos dificultan o camiño cara á igualdade e o bo trato entre a xente nova. O obxectivo de esta actividade é visibilizarmos actitudes e situacións de desigualdade, de discriminación ou exclusión nas relacións de amizade ou de amor na nosa idade.


O WHATSAPP

Realizado por Lucía, María e Alicia

MASCULINO SINGULAR E MAKINARIA

Para conmemorar o 25 de novembro, día internacional da violencia contra a muller, os curso de 3º e 4º participaron nun obradoiro de poesía, no que reflexionaron sobre os estereotipos, a desigualdade e a violencia de xénero. traballaron con algúns poemas da obra de Carlos Negro: "Masculino singular" e "Makinaria".

VERO BOQUETE

Hoxe tivemos connosco no colexio Vero Boquete, unha muller escepcional, loitadora, traballadora incansable, alegre e moi reivindicativa. falounos da súa traxectoria com deportista y do seu compromiso co deporte feminino. Ela loita por conseguir a igualdade no seu ámbito, o fútbol.
Falou de igualdade e de perseguir os soños. Firmou autógrafos e fotografiouse con nos. Pasamos con ela unha hora moi agradable na que vimos que todose pode conseguir con esforzo, paixón e moita tenacidade.

Vero Boquete on PhotoPeach




17 de dec. de 2016

ANÁLISE DE CATÁLOGOS DE XOGUETES

Durante o mes de decembro analizamos catálogos de diferentes centros comerciais e establecementos dende unha perspectiva de xénero. Puxémonos as gafas violetas para ollalos e descubrir neles estereotipos e roles de xénero.ara facelo, seguimos este guión.


Os estereotipos de xénero están presentes nos catálogos de xoguetes que analizamos, todos eles de empresas con gran impacto e difusión. Chegamos á conclusión de que é una publicidade claramente sexista e con gran influencia nas nenas e nenos que miran estes catálogos para elexir os regalos de Nadal.

É ista una publicidade que mentres vainos conformando, defórmanos. Cores, roles, valores, emocións es sentimentos, desexos que van configurando a nosas identidade como mulleres e homes e as relación que mantemos coas persoas de ámbolos dous sexos.

CAMPIONAS INVISIBLES

“’Campeonas Invisibles’ pretende dar visibilidade as mulleres deportistas que lograron títulos internacionais, medallas olímpicas, facer un seguemento da súa trayectoria deportiva, descubrir a súa realidade e conseguir unha especie de xusticia social”, explica a directora de la cinta.