"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

29 de mar. de 2015

ACHEGÁNDONOS A OUTRAS CULTURAS: India

Na materia de ética en 4º investigamos sobre alguns países en vías de desenvolvemento. Así coñecimos o seu sistema de goberno, a súa tase de mortalidad, alfabetización e outros aspectos da súa cultura como a gastronomía e festas tradicionais. Estas é as presentación que fixemos sobre INDIA

INDIA - final

More presentations from pritrazo

8 de mar. de 2015

FOTOGRAFÍA: 8 DE MARZO

Os nosos móviles e as nosas cámaras. As nosas ideas, a nosa propia forma de denunciar que a desigualdade de xénero está ahí e a fotografía coma arte para expresar o que sentimos e reflexar o mundo no que vivimos. Exposición para este 8 de marzo do noso traballo.

La «tasa rosa», el impuesto que solo pagan las mujeres

No solo cobran menos, sino que además desembolsan un importe mayor que los hombres por el mismo producto. En palabras de la secretaria de Estado por los derechos de la mujer en Francia, «¿es el rosa el nuevo color del lujo?»
Le aquí o artigo completo.

IGUAL QUE TÚ!

FELIZ DÍA!

6 de mar. de 2015

ESTAMOS DE NORABOA!

Felicidades!!!!!!
O proxecto "Matemáticas para viajar a las ciudades invisibles" gañou o premio europeo do concurso de proxectos eTwinning deste ano 2015. A profe de matemáticas, coordinadora deste proxecto e  compañeiras e compañeiros de 4º deste ano e do ano pasado participou nel xunto con outros profes e rapces e rapazas da república checa, de Italia e de Formentera. Tamén recibiron 4 selos de calidade! Noraboa!
Unha maneira de aprender matemáticas super interesante e moita cultura tamén. Sentímonos moi orgullos@s deste premio.
Se queres saber un pouco máis de que trata o proxecto, clica na foto.

OXFAM INTERMON: DA A CARA POLA SITUACIÓN DAS MULLERES NO MUNDO

a situación da muller segue sendo moi precaria en moitas partes do mundo. En Intermón Oxfam promóvese os dereitos humanos da muller. Apoian a asociacións locais que facilitan o seu acceso á propiedade da terra e ao mercado laboral. Promovenos a educación de mulleres e pícaras e desenvolven proxectos sanitarios que contemplan as súas necesidades específicas.

PERSOAS REFUXIADAS E DESPRAZADAS DE SIRIA

Tras 4 anos de guerra en Siria 2 millóns de nenos dependen de ACNUR para sobrevivir. ACNUR apoia aos máis vulnerables. A Guerra Civil Siria cumpre a súa IV aniversario e xa son 11,4 millóns as persoas que fuxiron das súas casas.
O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, en inglés UNHCR, United Nations High Commissioner for Refugees) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer aos refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duraderas á súa situación, mediante o reasentamiento voluntario no seu país de orixe ou no de acolleita. Ten a súa sé en Xenebra, Suiza, e ten máis de 250 oficinas repartidas por todo o mundo en 125 países. O dereito ao asilo e refuxio é contemplado na Declaración Universal de Dereitos Humanos:
En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país.
Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
En recoñecemento ao seu labor, ACNUR recibiu o Premio Nobel da Paz en 1954 e 1981, e foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias en 1991.


5 de mar. de 2015

BIOGRAFÍAS: MES DA HISTORIA NEGRA

Unha das actividades que fixemos en 2º ESO para conmemorar este mes da historia negra foi escribir a biografía de algúns personaxes importantes na loita polos dereitos civís dos afroamericanos.Despois fixemos unha presentación oral na clase.
Aquí tedes unha presentación con elas.

3 de mar. de 2015

TEATRO DA OPRIMIDA

O día 4 de marzo tivemos a representación dunha obra teatral no salón de acto do colexio.
Veu o grupo de teatro “As 100tolas”.  A través da súa peza teatral “A viaxe de Ana” presentan unha situación de abuso e opresión que, entre todo o público asistente, debemos resolver.
Favorecer a participación e protagonismo do alumnado é clave e forma parte da aposta metodolóxica deste proxecto.
O teatro foro é unha das técnicas do TO (quizais a máis emblemática) onde a barreira entre o escenario e a platea é suprimida polo diálogo. Conta unha escena teatral baseada en feitos reais, na cal as persoas oprimidas e opresoras entran en conflito, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a persoa oprimida fracasa e o público é estimulado por quen exerce de Curinga (a persoa facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á persoa protagonista (a oprimida) e a buscar alternativas para o problema que se acaba de representar. Así consigue transformar ao e público en protagonista da acción dramática.
“A viaxe de Ana” conta a historia dunha muller que decide emigrar na busca dunha vida mellor. A súa é unha viaxe longa. Na súa maleta garda recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que só busca proveito propio.

2 de mar. de 2015

GUINEA BISSAU


Publicamos hoxe o traballo de PDC sobre este país de África, Guinea Bissau sumido na corrupción, a pobreza e a represión baixo o control do dictador  Teodoro Obiang Nguema Mbasogo, que  preside o país dende 1979. 



1 de mar. de 2015

MÁSCARAS CHINAS

Na clase de plástica fixemos estas increibles máscaras de ópera chinesa para entroido. Aquí tedes unha presentación.

MÁSCARAS CHINESAS 1ºESO Curso 2014-2015 on PhotoPeach