"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

31 de xan. de 2017

Día da paz 2017

O Día da paz (Día escolar da non violencia e a paz) celébrase cada 30 de xaneiro, cabodano do pacifista indio Mahatma Ghandi. No acto conxunto no noso centro escoitamos diferentes cancións do alumnado de EP cos "top hits" do pacifismo como 'Imagine' de John Lennon ou 'What a wonderful world' amais de varios textos arredor da paz. Finalmente cantamos Quérote máis, versión do grupo ourensán O Sonoro Maxín da peza vasca Maite Zaitut, do grupo Pirritx eta Porrotx. A canción acompañámola coa lingua de signos (unha idea do CEIP Escultor Acuña). Premendo na imaxe ides á web coa letra, partitura e vídeos:
 querote-mais

22 de xan. de 2017

DARFUR SE ESTÁ MURIENDO


Iste é un video xogo de internet para vivir a situación real nun campo de refuxiados.

CONTRA VIENTO Y MAREA

Neste xogo te poñerás na pel dunha persoa refuxiada.

DEREITO DE ASILO: ACLARAMOS ALGÚS TERMOS


Busca a información en internet e elabora o seguinte traballo:
1.- Quen é unha persoa refuxiada?
2.- Quen é unha persoa desplazada?
3.- Quen é migrante?
4.- O dereito de asilo é un dereito fundamental da declaración dos dereitos humanos. Que é o dereito de asilo?
5.- Que é a xenofobia?
6.- Que é ACNUR?
Para realizar este pequeno traballo consulta as seguintes páxinas web:
ACNUR
Unidos por los derechos humanos
Contra viento y marea

Video: Quen é un refuxiado? que fai ACNUR?

PEOPLE OF NOWHERE

"Xente de ningunha parte" é no que coa nosa indiferencia podemos convertir a todos os millóns de persoas que teñen que abandonar o seu pais para salvar as súas vidas.
Le tamén este artigo.
Despois de ver o video e escoitar a charla, escribe unha carta aberta co título: "Eles non teñen elección. Ti sí".

DESGARRADORAS TESTEMUÑAS DE DOS ADOLESCENTES


Que siente un neno cando ten que fuxir do seu fogar? Ista é a historia de Mustafá, un adolescente sirio refuxiado en lesbos, Grecia que soña con regresar a o seu pais.
Que sería o máis doloroso para ti si tiveras que vivir o que viviu Mustafá? Que sentirías?


Saja, unha adolescente desplazada no seu pais e vivindo entre ruinas explica a súa vida.
Escribe tu opinión sobre Saja,a súa personalidade e a súa actitud.
Aprecias ti a educación como ela? Por que?

A HISTORIA DE MALAK.VIDEOCONTO DE UNICEF.

Hai historias que nunca estiveron pensadas para nenos. A historia de Malak é unha delas.
Despois de ver o conto, escribe en comentarios o que te suxire o video e como pensas tie que te sentirías en esa situación.

IVINE E A ´SUA ALMOFADA: VIDEO CONTO DE UNICEF

Ivine e a súa almofada é un conto sen fadas que ningunha nena nin neno xamais debería imaxinar e moito menos ter que afrontar.
Pincha aquí para ver o conto.

ACNUR

Tras 5 anos de guerra en Siria máis de 3 millóns de nenos dependen de ACNUR para sobrevivir. ACNUR apoia aos máis vulnerables. A Guerra Civil Siria cumpre 0 seu V aniversario e xa son 11,4 millóns as persoas que fuxiron das súas casas.
O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, en inglés UNHCR, United Nations High Commissioner for Refugees) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer aos refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duraderas á súa situación, mediante o reasentamiento voluntario no seu país de orixe ou no de acolleita. Ten a súa sé en Xenebra, Suiza, e ten máis de 250 oficinas repartidas por todo o mundo en 125 países. O dereito ao asilo e refuxio é contemplado na Declaración Universal de Dereitos Humanos:
En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país.
Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
En recoñecemento ao seu labor, ACNUR recibiu o Premio Nobel da Paz en 1954 e 1981, e foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias en 1991.

18 de xan. de 2017

!FELIZ CUMPLEAÑOS!

A túa vida pode cambiar en 1 minuto. Pensa que isto te pode pasar a ti tamén, non é algo que so acontece a miles de kilómetros de distancia.


A RUTA DOS REFUXIADOS

Este é un video da ONG Medicos sin fronteras no que coñeceremos algo máis da realidade e o sufrimento polo que pasan as persoas de Siria cando saen do seu país.

11 de xan. de 2017

DE QUE FOXEN OS REFUXIADOS SIRIOS?

POR QUE FUXEN @S NEN@S DE SIRIA?

TESTEMUÑA DE NEN@S REFUXIAD@S NO LIBANO

AYA, 10 AÑOS

En 2013, Aya teníane 8 años y vivía en un campo de refugiados, en Líbano. Huyó del conflicto en Siria junto a su familia. Es la única de la familia que no ha podido terminar sus estudios por lo que desea regresar a casa para ver a los suyos, y comenzar el nuevo curso escolar.
Donde estará ahora?

EMERXENCIA EN SIRIA: A HISTORIA DE NADEEM

CONFLICTO SIRIO

IT'S HAPPENING