"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

26 de xan. de 2016

DÍA DA PAZ: POEMA

Despois de ver varios documentais sobre nen@s refuxiad@s siri@s, quedamos moi impresionad@s. Uxía escribiu este poema que lerá o día da paz.

As imaxes corresponden a exposición Little Hopes (Pequenas Esperanzas), organizada pola organización Global Humanitaria e o centro médico Bader Center en Xordania.
A mostra expón 50 cadros realizados por nen@s refuxiad@s siri@s que viven neste centro médico, en Amman. A través da pintura, rapazas e rapaces aprenden a vencer as escenas de horror que viviron a causa da guerra e a afrontar unha nova vida.
Para que non sexan invisibles.
Para que non sexamos indiferentes.

INCOMPRENSIÓN


En Siria, un bonito lugar
Escoitouse una bomba estoupar.
A xente estaba a chorar,
Meus país a traballar.
Polo que dixo meu pai
Que a guerra comezaba.
Que é iso, papá?
Eu diso non sabía nada.
De un día para outro
Aquí, neste bonito lugar
A paz e a tranquilidade
 converteuse en mortandade.
Que pasou ca miña vivenda?
Que pasou co meu fogar?
Que pasou ca miña xente?
Que pasou…..? Volvo preguntar.
Ninguén me da una explicación
De por que a guerra ocurriu,
Non sei se é un dictador
O alguén que nos someteu.
Agora marcharon todos
Para un campo de refuxiados.
Nós so temos a esperanza
 De que isto acabe xa,
Senón tamén iremos
Para onde foron os demáis.

Uxía Iglesias

24 de xan. de 2016

CIBERSTALKING MACHISTA

Trátase do acoso nas redes sociais. A miudo aparece agachado baixo un disfraz, parece unha proba de amor. Pero o control non é amor, os celos non son amor, e nin o chico nin a chica son realmente conscientes do dano, e van aumentando sutilmente os actos de ciberacoso. É non desexado, con frecuencia é obsesivo e, polo xeral, é ilegal. Pode adoitar moitas formas diferentes (o correo electrónico, os whatsapp, as chamadas de teléfono) e unha forma de exercer o abuso, o control e o poder sobre a parella.
Aquí deixamos esta infografía para detectar algunhas condutas acosadoras e unha pequena guía para saber máis de "Enrédate sin machismo".

22 de xan. de 2016

CONCLUSIÓNS SOBRE O SEXISMOS NOS XOGUETES

Incluimos aquí algúnas opinións, comentarios, cousas  que aprendimos con este tema e algunhas conclusións as que chegamos. o que nos desexamos empezar a ver nos catálogos está nas fotos desta entrada. Son do catálogo de ToyPlanet, que xa fai dous anos cambiou e quere esquecerse dos roles sexistas nos xoguetes.

Na clase estivemos vendo o que son 
os estereotipos e o sexismo. Eu saquei tres conclusións:
1. O sexismo e os estereotipos están ao redor noso sen decatarnos.
2. Con esas ideas imos vivir sempre se non as cambiamos. Os nenos e nenas teñen dereito a decidir como queren ser, non como lles manda a sociedade.
3. Por que as nenas teñen que ser amas de casa, perruqueiras ou estilistas? E os nenos por que teñen que ser bombeiros, policias ou camioneiros? Pois non!
Os xoguetes deciden por nos, e non debería ser así. Pero non é culpa só dos da empresa que fabrica os xoguetes, é tamén culpa dos pais, por comprarlles eses xogos que van dirixir a súa vida.

María, 12 anos



Moitas veces a xente non lle da importancia aos roles cando por exemplo, está mirando unha revista.
Cando nos puxemos as gafas violetas para mirar os catálogos de xoguetes, vin que separaban as páxinas por cores, rosa para nenas e azul ou verde para nenos.
Tamén observei que os xoguetes de nenas teñen que ver con estilismo, beleza e os de nenos con valentía e agresividade.

                                    Paula, 12 anos


O outro día na clase estivemos falando do sexistas que son as revistas de xoguetes. Nós, ao principio, non nos dábamos de conta do que a mestra estaba a referirse. Sabedes por que? Porque dende pequen@s fannos as nenas con cores rosa e aos nenos co cor azul. Ademáis dinnos que as nenas somos débiles e os nenos poderosos. Non! Non!
NON PODEMOS SEGUIR ASÍ!
É UNHA DISCRIMINACIÓN!
A maioría das revistas que analizamos son sexistas. Vimos que o vocabulario non é axeitado, nin as cores… As nenas, por exemplo, teñen menos cores para elixir que os nenos.
A maioría da xente pásalle como a nós, que de tan acostumada que estás, xa nin te decatas desas cousas. 

Tania, 12 anos

Antes de empezar a analizar os catálogos de xoguetes, non sabía o machistas que poden chegar a ser. Despois decateime do moito que o son, analizando vocabulario e fotos xa sacamos un montón de cousas machistas.
Con so poñer unha cor para nenas, o rosa, ou unhas profesións concretas para nenas o outras para nenos, xa estámoslles adicando un rol.

Damián, 12 anos






Cinco conclusións as que cheguei despois de estudar os catálogos:
1.- A xente non quere diminutivos para nenas e non para nenos.
2.- As profesións de forza ou de maquinaria non teñen por que ser para os rapaces e as de coidados para as rapazas.
3.- Nas fotos dos catálogos non hai que poñer a unha nena en medio de dous rapaces porque non necesitamos protección. Non somos débiles nin covardes.
4.- A maxia e a imaxinación non teñen por que ser cousa de nenas e oss deportes de risco de nenos.
5.- Por último, nas fotos dos xoguetes para bebés non deben aparecer so as nais xogando cos bebés. Os papás tamén tamén teñen que aparecer xogando e coidando dos bebés.

Alicia, 12 anos

RECOMENDACIÓNS A FABRICANTES DE XOGUETES

As nosas reflexións sobre este tema tamén quedaron plasmadas nas recomendacións que lles facemos aos fabricantes de xoguetes.
O mellor camiño para a igualdade é o que desenvolve todas as nosas potencialidades e permítenos  ser nos mism@s, xenuinamente diferentes pero cos mesmos dereitos.

 Aquí deixamos o traballo de Damián e de Laura.


CATÁLOGO DE XOGUETES 2015

Despois de estudar o catálogo, fágome as seguintes preguntas:
Por que ten que haber unha nena xogando na bañera coa súa nai e non co seu pai?
Por que dividen as páxina en dous cores, rosa para o xoguetes para nenas e azul para os nenos?
Por que o vocabulario que empregan é diferente ?
Por que nos xoguetes que mostran para nenas utilizan diminutivos e palabras cursis e para os xoguetes que mostran para nenos usan palabras como dispara, atrevido, risco, emoción…?
 Por que hai máis páxinas de xoguetes para nenos?
Por que as profesións que aparecen son diferentes segundo o sexo?
Por que os xoguetes para rapaces son de cores máis variados? E os xoguetes para rapazas son so violetas ou rosas?
Por que o mesmo xoguete é máis caro se é para nenos?

Eu recomendaría aos fabricantes que non separen o xoguetes por cores e que non sexan máis caros se son para rapaces.
Chamoume á atención que cando nas fotos poñen dous nenos e una nena, poñen á nena no medio, como se necesitaramos protección. Nos non somos tan débiles e eu penso que tamén poden poner a dúas nenas e un neno.
Tamén mirando as fotos vin que case non aparecen país xogando cos bebés ou  fill@s. Gustaríame que non saian sempre as mamás.
No catálogo de xoguetes hai moitos estereotipos e, por culpa diso, os rapaces e as rapazas aprenden a facer o que lles ensinan nas revistas. Penso que se fan estes cambios nos catálogos as súas tendas serían mellores e terían máis clientes.

Laura, 12 anos

RECOMENDACIÓNS PARA @S CREADORES DE CATÁLOGOS DE XOGUETES

Teñen que facer os catálogos menos sexistas, porque se continúan así van quedar sen clientes.
Deben ser respectuosos no vocabulario e non poner cousas cursis e discriminatorias non xoguetes para nenas.
Algunhas das imaxes do catálogo son moi machistas e hai que correxilo. Ademáis deberían incluir tamén a país xogando cos nenos e nenas nas fotos, e non so a nais.

Damián

Esquécete do que amosan os escaparates!




CARTA ABERTA A DEPARTAMENTO DE PUBLICIDADE E VENTA DE XOGUETES

Despois de analizados os catálogos por parellas, fixemos un coloquio no que compartimos o que atopamos en todos eles.  Case todos comparten os mesmos valores e trasmiten estereotipos e roles sexistas.
Unha das actividades que reslizamos foi escribir unha carta as empresas de xoguetes.
Aquí publicamos dúas delas:

Á atención da dirección do departamento de publicidade e catálogos de xoguetes e do departamento de marketing

Son un estudante de 1º de ESO do CPI de Trazo. Diríxome a vostedes para comentales a miña proposta para eliminar o seximo na publicidade do seu catálogo de xoguetes da campaña do 2015.
Penso que deberían facer un catálogo onde as páxinas sexan da mesma cor e non esa separación de azul para nenos e rosa para nenas.
Tamén me parece importante que, á hora de poner imáxenes de rapazas ou rapaces xogando, non utilicen o estereotipo de neno=coche/arma e nena= barbie. É importante que vostedes saiban que é necesario modificar estas cuestións sexistas.
Ofrézome para asesorar ao seu departamento de publicidade sobre os catálogos de xoguetes dende o punto de vista dun neno e para aclara calquera dúbida ao respecto.
Sen máis, despídese de vostedes


Esteban, 12 anos






A ToyPlanet


Queridos fabricantes de ToyPlanet:

Na clase de 1º ESO de Igualdade de xénero estivemos analizando o sexismo en varios catálogos de xoguetes.  Cando miramos o de Toyplanet, vimos que era necesario ponernos en contacto con vostedes para que coñezan a nosa opinión.

Considero que a súa revista é boa tanto para nenos como para nenas, xa que ensina que aos nenos tamén lles gustan as bonecas e as nenas tamén lles gustan os coches. A miña compañeira e máis eu estivemos dándolle moitas voltas ao contido da súa revista porque é moi peculiar. Por un lado vostedes intentan non ser sexistas, pero ó mesmo tempo sono.

Comparado con outros, o seu catálogo non é, en xeral,  moi sexista. Aínda así, hai algún detalliños que o fan sexista. Sí, sei que pensaban que ninguén se decataría deses “pequenos detalles” pero estaban trabucados. Nos artigos para bebés non se aprecia o sexismo, pero nós puxémonos as gafas violetas e vimos algún deses pequenos detalles que mencionei antes.

Agora, a día de hoxe, démonos de conta de que os pequemos detalles din moito máis do que pensabamos.

Finalmente, para rematar esta carta, aconséllolles que revisen o seu catálogo e que pensen no sexismo e nos estereotipos.  Acaso parécelles normal que as  nenas xa dende bebés saiban que  teñen que ser princesas e que lles ten que gustar a cor rosa? Ou que os nenos teñen que ser astronautas e que lles ten que gustar a cor azul?  Parécelles ben que a un neno lle dea vergoña levar roupa rosa ou  disfrazarse de heroína? Pois iso é culpa das fotos e ideas que aparecen nos catálogos de xoguetes.

Nada máis. Espero que a miña carta lles faga reflexionar e se fixen máis para o ano que ven.


Uxía , 12 anos 

19 de xan. de 2016

CARTACES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O equipo de plástica de 4º de ESO reflexionaron sobre aqueles indicadores que mostran a violencia nas parellas. Logo de facelo, realizaron estes cartaces. A expresión artística é unha ferramenta moi poderosa para visualizar a situación das mulleres.

18 de xan. de 2016

SEXISMO NOS DISFRACES DE ENTROIDO

Achégase a festa de entroido e xa se poden ver os escaparates dos comercios cheos de disfraces. Quen máis quen menos, esta pensando xa do que se vai disfrazar este ano. O mellor dun disfraz é que sexa imaxinativo e orixinal, quen quero ser no día de hoxe?

Pero observando os traxes de bruxa, vampiras, enfermeiras, cavernícola podemos asegurar que, máis que medo, impoñen outra cousa. Vin moitas películas de terror e nunca vin a unha bruxa de Salem en roupa interior subida á súa escoba.
A sexualización da festa de entroido, a cal segue representando unha festa tradicional, tomou tintes nos que se denigra á muller e trátala como a un obxecto máis da festa. Mentres que o disfraz dos homes intenta asemellarse á realidade, mellorando nos detalles, no da muller, a redución de tea faise ostentosa, rozando o ridículo. O disfraz de monxa para home é diferente que o de monxa para muller. Aínda que a realidade é que estes disfraces véndense, se cadra por non facer unha pequena reflexión sobre isto.

Deberiamos recapacitar e esixir aos fabricantes que modifiquen o seu produto sen escusarse en dicir que é "o que o público desexa". O público desexa divertirse nesa noite especial e non se paran a analizar como o mercado volveu a representar á muller como el mesmo desexa vendela.

ENTROIDO COAS GAFAS VIOLETAS

A imaxe fala por si mesma. Á hora de elixir disfraces o sexismo segue estando presente. Seguimos legitimando estereotipos relacionados cos roles de xénero. Do mesmo xeito que cos juguetes, outorgamos ao neno a posibilidade de soñar con ser un super-heroe, Drácula, Superman, Spiderman, Batman, Ninja. Sen ningunha connotación engadida. O xogo polo xogo.


E aínda que as cousas cambiaron e xa hai moitas nenas que elixen como eles, ser vampiro, pirata, doutor ou policía, o que non cambiou é o estereotipo da muller con curvas e corpos perfectos. Calquera oficio ou rol que se elixe na maioría dos casos polas mulleres xa sexan pícaras ou adultas van irremediablemente acompañados sempre do adxectivo 'sexy':

Bruxa sexy, monxa sexy, policía sexy, enfermeira sexy, cavernícola sexy, ratona sexy, gata sexy, vampiresa sexy, presidiaria sexy, anxo sexy, egipcia sexy.

Todo SEXY, ata, personaxes tradicionalmente infantís como Caperucita Vermella, Alicia no país das marabillas ou Blancanieves teñen que ser sexies. Ás afortunadas que se permiten elixir super-heroes masculinos como Superman ou Robin a maioría das veces tamén os disfraces vense convertidos en sexies traxes de muller. O importante é estar guapa, non pasalo ben.

Así, ás nenas, négaselles dalgún xeito a posibilidade de xogar, porque xogar a ser únicamente sexy non é divertido. O corpo da muller convértese exclusivamente nun perchero, nun obxecto a ser exhibido. Ademais, tamén resulta aburrido, porque cando algunhas destas mulleres usan eses disfraces non asumen en realidade ningún rol que as diferencie do seu comportamento habitual. Se cadra  os roles sexistas marcáronlles tanto que nin o ven, ou  lles custa moitotraballo desfacerse deles.

OS ESTEREOTIPOS E O XÉNERO

Durante o mes de decembro aprendimos en 1º sobre o tema dos estereotipos e como influen na nosa vida e nas nosas eleccións. Aquí 1ueda un pequeno resumo.
Chamamos estereotipos as etiquetas sociais. Aquelas cousas que se supón que somos polo feito de ser unha rapaza ou un rapaz. Non teñe nada que ver co noso sexo, coa bioloxía, con ser home ou muller, coa reproducción.
Imaxinemos un percheiro. O percheiro como abxecto sería o noso corpo físico, de home ou muller (o sexo), mentre que todo aquilo que colgamos del reflectiría o que a sociedade pon enriba para construir o que é masculino ou feminino: os trazos, comportamentos que constrúesn simbólicamente como é unha muller ou un home. (A metáfora do percheiro é de Linda Nicholson, 2003).
Despois de nomear algúns estereotipos, fixemos un mural con percheiros nos colocamos estas etiquetas sociais.
Estereotipos Femininos:
Afectiva, amable, empática, comprensiva, medosa, submisa. Dependente, tenra, débil e conformista.
Traballadora, estudosa, calada e responsable.
Sensible, intuitiva. Expresiva, pasiva subxectiva. Dáselle mellor o traballo doméstico, coidar d@s fill@s , limpa e paciente. Dáselle mal a tecnoloxía.
Estereotipos masculinos:
Valente, forte, agresivo, musculoso, decidido, competitivo, dominante. Independente, seguro, franqueza, eficaz, obxectivo, arriscado. Pasota e irresponsable na escola. Dáselle mellor a EF, é activo. É bo en matemáticas e en tecnoloxía. Non amosa emocións, non pode chorar. É bo arranxando cousas e coas máquinas.
Reflexionamos sobre o tema e vimos que moitas das etiquetas que nos colgan non teñen nada que ver connosco. Así que dixemos:
PASAMOS DOS ROLES, non importa o sexo. Tod@s choramos, protestamos, coidamos dos pequn@s, facemos a cama e a merenda, xogamos ao fútbol , somos competitiv@s, somos bo@s en deporte e tecnoloxía, preocupámonos dos demáis.

10 de xan. de 2016

O CUARTO MUNDO

O CUARTO MUNDO
A distribución desigual da riqueza nos países do Primeiro Mundo aumentou a distancia que separa ás persoas ricas dos grupos máis desfavorecidos.

O crecemento económico dos países desenvolvidos deu orixe ao que se coñece como Cuarto Mundo, un termo que engloba a todas aquelas persoas que residen nos países máis avanzados, pero atopanse excluídas ou en risco de exclusión social.

¿Por que xorde?

O termo 'Cuarto Mundo' foi utilizado por primeira vez nos anos 70 para designar a aquelas persoas que viven en situacións realmente precarias. O seu creador foi o pai Joseph Wresinski, criado nun ambiente moi afastado da opulencia e que fundou en 1957 a primeira asociación contra a exclusión dos máis pobres. "O Cuarto Mundo é un pobo formado por homes, mulleres e nenos que, xeración tras xeración, vense excluídos dos dereitos fundamentais dos que goza o resto da sociedade. Vense excluídos dos progresos sociais e da participación na vida asociativa, política, relixiosa, cultural, sindical... das súas sociedades. Non se conta con eles como interlocutores senón, como moito, como meros beneficiarios de axudas. ¿Pero cal é a principal característica deste denominado Cuarto Mundo? O máis curioso é que xurde dentro do que se coñece como Primeiro Mundo. É nos países máis avanzados onde a gran diferenza no reparto da riqueza dá lugar a dous grandes grupos que ocupan un mesmo espazo físico, pero non social. Non son casos illados. Segundo datos de Médicos do Mundo, só en Europa residen máis de 40 millóns de persoas pobres.
A miseria sempre estivo presente na nosa sociedade. Sempre existiron ricos e pobres. Pero é agora cando esta diferenza faise máis patente. A medida que a economía do mundo occidental crece, tamén aumenta o número de persoas ás que esta riqueza non chega. Téndese a pensar que os máis pobres viven nos países do Sur. Sorprende recoñecer a pobreza 'a beira da casa', pero a hai. "En tódolos países hai pobres, que son os que menos medios teñen para saír adiante".
Combater a pobreza é un dos retos da sociedade en que vivimos.
Se non se atopa unha solución, o problema pode facerse crónico e entrar nunha espiral de difícil saída. É necesario poñer sobre a mesa as diferentes situacións de exclusión social e afrontar cada unha delas coas mellores ferramentas. Unha das claves podería ser a incorporación destas persoas ao proceso produtivo ou a elaboración dunha Lei de Inclusión Social. "O crecemento económico espectacular xerado nos últimos anos non contribuíu a garantir os dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida de tódolos cidadáns porque o umbral de pobreza non descendeu.

Dentro da categoría podemos atopar:
• Anciáns e ancianas desamparad@s.
• Viuvas e nais sen medios económicos.
• Nen@s abandonad@s, explotad@s ou prostituid@s.
• Persoas marxinadas sociais (drogadict@s, alcohólic@s...)
• Persoas sen fogar e mendigos.
• Persoas sen protección oficial.
• Familias desestructuradas

A continuación veremos este documental que se achega ao mundo dos "sin teito", e acompaña no seu día a día a algunhas das máis de 8.000 personas que viven na rúa en Madrid, descubrindo, a través das súas testemuñas, a cara máis amarga dunha realidade que afecta a todos e cada un dos membros da sociedade.

NA PROCURA DUN MUNDO MARAVILLOSO

Na clase de Ed. para o Desenvolvemento limos o conto sobre os dereitos da infancia e despois xogamos ao xogo "Pasapalabra".






Solucións ao xogo "Pasalapalabra"

6 de xan. de 2016

DEREITOS DA INFANCIA

Na clase de Educación para o Desenvolvemento en 1º ESO traballamos temas relacionados con dereitos humanos e igualdade de xénero. Hoxe, especialmente traballamos os dereitos da infancia e fixemos un cartaz.
Na clase de plástica estamos coñecendo diferentes técnicas de expresión plástica e agora estamos co arame e fixemos uns traballos para representar visualmente os dereitos da infancia.


Dereitos da infancia

ENVIRONMENTAL ISSUES

Na clase de inglés en 2º estivemos traaballando un proxecto realcionado co medio ambiente. Aprendimos sobre reciclado, os problemas medioaambientais e pensamos en posibles solucións. Aquí deixámos as presentacións orais que preparamos por parellas.

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. 4º ESO

Onte, 25 de Novembro, fixemos nas aulas de Lingua Castelá e literatura e tamén de Inglés, unha actividade sobre a violencia machista. Analizamos conversas de whatsapp entre parellas de adolescentes coma nós buscando comportamentos inadecuados. Se estes son constantes e repetidos no tempo poden considerarse o chamado maltrato psicolóxico. Parécenos moi ben que se fagan este tipo de actividades nas clases porque así podemos aprender que hai que estar atentos e atentas ao tipo de relacións que temos, que poden parecer normais, pero non o son, pode parecer amor, pero non o é.
Hai persoas que controlan, dominan, manipulan e se obsesionan coas súas parellas. Pódense dar mostras de amor, pero hai que poñer límites. Cada un ten dereito a facer o que queira facer, sen que a súa parella teña que intervir para chantaxealo emocionalmente, e o peor é cando isto está a suceder e ti non te das conta ou non te queres dar conta. Estas situacións de maltrato psicolóxico son máis habituais do que pensamos.
Tes unha idea falsa do amor se este inclúe controlar, dominar, manipular e chantaxear. Non tes dereito a facelo. Non está ben. Unha relación así non é unha relación sana. A xente que fai esas cousas ten un problema que debería solucionar para poder vivir unha relación sana nun futuro.
Se chegas a ter unha relación deste estilo, pensamos que é mellor deixar a esta persoa. É mellor estar só ou soa a ter estes problemas.

2 de xan. de 2016

CATÁLOGOS DE XOGUETES NON SEXISTAS: TOY PLANET

Por si aínda hai alguén que non comprara os regalos de reis.
María Gigirey mándanos este artigo sobre como a cadena Toy Planet triunfa con su catálogo de xoguetes non sexista.
La empresa ha decidido romper con los estereotipos y mostrar, por ejemplo, a niños con carritos y con cocinitas, y a niñas empujando camiones y subidas a motos. Lo han hecho con los juguetes de su marca propia, ya que el resto de fabricantes envía sus fotos ya preparadas para los catálogos.
Toy Planet detectó el año pasado y gracias a las redes sociales que las familias tenían ganas de ir dejando atrás los tópicos en los juguetes: "No llegamos a tiempo para incluir este cambio en el catálogo del año pasado, pero hicimos una campaña en redes con fotos individuales".
Le o artigo completo aqui.