"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

22/01/2016

CONCLUSIÓNS SOBRE O SEXISMOS NOS XOGUETES

Incluimos aquí algúnas opinións, comentarios, cousas  que aprendimos con este tema e algunhas conclusións as que chegamos. o que nos desexamos empezar a ver nos catálogos está nas fotos desta entrada. Son do catálogo de ToyPlanet, que xa fai dous anos cambiou e quere esquecerse dos roles sexistas nos xoguetes.

Na clase estivemos vendo o que son 
os estereotipos e o sexismo. Eu saquei tres conclusións:
1. O sexismo e os estereotipos están ao redor noso sen decatarnos.
2. Con esas ideas imos vivir sempre se non as cambiamos. Os nenos e nenas teñen dereito a decidir como queren ser, non como lles manda a sociedade.
3. Por que as nenas teñen que ser amas de casa, perruqueiras ou estilistas? E os nenos por que teñen que ser bombeiros, policias ou camioneiros? Pois non!
Os xoguetes deciden por nos, e non debería ser así. Pero non é culpa só dos da empresa que fabrica os xoguetes, é tamén culpa dos pais, por comprarlles eses xogos que van dirixir a súa vida.

María, 12 anos



Moitas veces a xente non lle da importancia aos roles cando por exemplo, está mirando unha revista.
Cando nos puxemos as gafas violetas para mirar os catálogos de xoguetes, vin que separaban as páxinas por cores, rosa para nenas e azul ou verde para nenos.
Tamén observei que os xoguetes de nenas teñen que ver con estilismo, beleza e os de nenos con valentía e agresividade.

                                    Paula, 12 anos


O outro día na clase estivemos falando do sexistas que son as revistas de xoguetes. Nós, ao principio, non nos dábamos de conta do que a mestra estaba a referirse. Sabedes por que? Porque dende pequen@s fannos as nenas con cores rosa e aos nenos co cor azul. Ademáis dinnos que as nenas somos débiles e os nenos poderosos. Non! Non!
NON PODEMOS SEGUIR ASÍ!
É UNHA DISCRIMINACIÓN!
A maioría das revistas que analizamos son sexistas. Vimos que o vocabulario non é axeitado, nin as cores… As nenas, por exemplo, teñen menos cores para elixir que os nenos.
A maioría da xente pásalle como a nós, que de tan acostumada que estás, xa nin te decatas desas cousas. 

Tania, 12 anos

Antes de empezar a analizar os catálogos de xoguetes, non sabía o machistas que poden chegar a ser. Despois decateime do moito que o son, analizando vocabulario e fotos xa sacamos un montón de cousas machistas.
Con so poñer unha cor para nenas, o rosa, ou unhas profesións concretas para nenas o outras para nenos, xa estámoslles adicando un rol.

Damián, 12 anos






Cinco conclusións as que cheguei despois de estudar os catálogos:
1.- A xente non quere diminutivos para nenas e non para nenos.
2.- As profesións de forza ou de maquinaria non teñen por que ser para os rapaces e as de coidados para as rapazas.
3.- Nas fotos dos catálogos non hai que poñer a unha nena en medio de dous rapaces porque non necesitamos protección. Non somos débiles nin covardes.
4.- A maxia e a imaxinación non teñen por que ser cousa de nenas e oss deportes de risco de nenos.
5.- Por último, nas fotos dos xoguetes para bebés non deben aparecer so as nais xogando cos bebés. Os papás tamén tamén teñen que aparecer xogando e coidando dos bebés.

Alicia, 12 anos