"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

18/01/2016

OS ESTEREOTIPOS E O XÉNERO

Durante o mes de decembro aprendimos en 1º sobre o tema dos estereotipos e como influen na nosa vida e nas nosas eleccións. Aquí 1ueda un pequeno resumo.
Chamamos estereotipos as etiquetas sociais. Aquelas cousas que se supón que somos polo feito de ser unha rapaza ou un rapaz. Non teñe nada que ver co noso sexo, coa bioloxía, con ser home ou muller, coa reproducción.
Imaxinemos un percheiro. O percheiro como abxecto sería o noso corpo físico, de home ou muller (o sexo), mentre que todo aquilo que colgamos del reflectiría o que a sociedade pon enriba para construir o que é masculino ou feminino: os trazos, comportamentos que constrúesn simbólicamente como é unha muller ou un home. (A metáfora do percheiro é de Linda Nicholson, 2003).
Despois de nomear algúns estereotipos, fixemos un mural con percheiros nos colocamos estas etiquetas sociais.
Estereotipos Femininos:
Afectiva, amable, empática, comprensiva, medosa, submisa. Dependente, tenra, débil e conformista.
Traballadora, estudosa, calada e responsable.
Sensible, intuitiva. Expresiva, pasiva subxectiva. Dáselle mellor o traballo doméstico, coidar d@s fill@s , limpa e paciente. Dáselle mal a tecnoloxía.
Estereotipos masculinos:
Valente, forte, agresivo, musculoso, decidido, competitivo, dominante. Independente, seguro, franqueza, eficaz, obxectivo, arriscado. Pasota e irresponsable na escola. Dáselle mellor a EF, é activo. É bo en matemáticas e en tecnoloxía. Non amosa emocións, non pode chorar. É bo arranxando cousas e coas máquinas.
Reflexionamos sobre o tema e vimos que moitas das etiquetas que nos colgan non teñen nada que ver connosco. Así que dixemos:
PASAMOS DOS ROLES, non importa o sexo. Tod@s choramos, protestamos, coidamos dos pequn@s, facemos a cama e a merenda, xogamos ao fútbol , somos competitiv@s, somos bo@s en deporte e tecnoloxía, preocupámonos dos demáis.