"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

27 de set. de 2015

AS CORCERIZAS

Visita "As Corcerizas", na serra de San Mamede (Ourense). Un proxecto da asociación ecoloxista "Amigos da Terra". Pola mañá aprendemos sobre os alimentos quilométricos con un video, con xogos e reflexionando sobre o tema. Pola tarde fixemos unha visita explicada ás instalacións, e coñecimos as enerxias renovables que utilizan, o tratamento para depurar as augas residuais feito con plantas, os materiais ecolóxicos con que están construidos os propios edificios (bioconstrucción), o compostaxe e a horta ecolóxoca.

PENSA GLOBAL, CONSUME LOCAL


Falamos na clase o que significa:


Tomamos nota dos ingredientes que nos chaman a atención no video e comentamos posteriormente o sentido dos mesmos.

16 de set. de 2015

DOS TOMATES Y DOS DESTINOS


Dos tomates, un tranxénico e outro do pais, quedan en bar despois de coñecerse nun chat en internet... Unha producción de VSF (Justicia alimentaria global) baseada na idea Orixinal de Aníbal Gómez interpretada por Joaquín Reyes y Carlos Areces.

Non esquezas deixar o teu comentario.

ALIMENTOS QUILOMÉTRICOS Y DESPERDICIO DE ALIMENTOS

Que relación existe entre os alimentos quilométricos e o desperdicio dos mesmos?
Moitos almentos viaxan miles de quilómetros antes de chegar as nosas mesas. O impacto ambiental que esto supón é enorme porque o medio de transporte que se utiliza (avión ou barco) contamina moitísimo, ademáis do despilfarro que leva consigo, xa que una parte deles pérdese durante a viaxe.
Consumir alimentos de tempada e de producción cercana, comprar en tendas pequenas e nos mercados locais é elixir un modelo agrícola que non despilfarra e contamina moito menos.

ALIMENTOS QUILOMÉTRICOS

XOVES 24 DE SETEMBRO 
1º e 2º DE ESO

Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas"
S.Mamede km10-Arnuide (Ourense)


O actual modelo de produción e distribución, ligado a un estilo de vida consumista, agóchanos a realidade que a nosa alimentación implica moitas veces: unha xigante pegada de carbono, a depreciación da calidade dos produtos  ao viaxar miles de quilómetros ata chegar a nosa mesa, ou os impactos ambientais e sociais que a produción desde produto leva asociados.

O obxectivo é fomentar unha toma de consciencia sobre a problemática alimentaria, e promover alternativas de consumo que reduzan os custos ambientais, sociais, e tamén financeiros da nosa alimentación. Consumir produtos locais e de calidade é posible, é factible e sobre todo é saudable para ti e para o teu entorno.

NORABOA A TOD@S

Comezamos un novo curso escolar cheos de alegría, pois como xa sabedes no CPI de Trazo gañamos o VII Premio Nacional de Educación para el desarrollo "Vicente Ferrer", xunto con outros 15 centros de todo o estado.
Noraboa a todo o alumnado e profesorado participante neste proxecto  e moitas grazas por poder contar convosco.
Se tod@s poñemos o noso grao de area, faremos un futuro mellor.

Clica aquí para ler a noticia.