"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

17 de xuño de 2016

NO ONE UNWANTED KISS

Our collaborative work created by students of 1st ESO to develop assertiveness and empower girls in order to prevent violence against women.
The project, translation, illustrations and recording are made by them.

Descarga no teu móbil unha app para escanear códigos Qr. Escanea o código que aparece na portada do conto. Mentres escoitas o audio, vai pasando as páxinas para ler o conto.

13 de xuño de 2016

FOTÓGRAFA DE GUERRA

Na vida todas as nosas accións deben ser consecuentes cos nosos valores personales.

O VALOR DA AUGA


Sur en Positivo_El valor del Agua from Mundo Cooperante on Vimeo.

BULLYING

EXCLUÍR A UNHA PERSOA TAMÉN É BULLYING.

PREMIO NARRACIÓN CURTA

E velaquí a narración "Unha nova Supermuller" de Anabel Dafonte Iglesias (2º ESO) que foi premiada no XI Certame de Narración Curta do Concello de Curtis.

UNHA NOVA SUPERMULLER

Érase unha vez un país chamado as Mil Fantasías no que vivían todos superheroes e seres fantásticos que nós no día a día vemos nas películas. O que pasa é que ninguén cre que estes seres existan porque nunca os viron en persoa, pero hoxe ides saber o lugar no que viven e ademais ides descubrir que hai moitos superheroes que non oirades falar deles nunca.

No país das Mil Fantasías viven Batman, Superman, Spiderman... e moitos máis. Cada un ten a súa casa e a súa vida, cada un polo seu lado, menos cando teñen que facer algo para salvar o seu país.

Un día chegoulles unha carta ao parlamento das Mil Fantasías informando que o seu país ía ser destruído. Entón o presidente reuniu a todos os superheroes e díxolles o que ocorría. Todos os que estaban alí quedaron pasmados co que estaba a ocorrer e pedíronlle ao presidente que buscara a alguén que lles axudase. Así que o presidente convocou a unha das mellores superheroínas da universidade de Superheroes ao ataque, onde se preparaban todos os novos superheroes. Esta rapaza era a salvación do seu país así que o presidente decidiu mandarlle unha carta dicindo:

Querida Chloe:
Esta carta vai dirixida a vostede coa esperanza de que poidas salvar o noso país que está en perigo así que eu, o Presidente, pidolle a vostede Chloe, que pense un nome para poñerlle no seu diploma oficial de superheroina.
Att: Señor Presidente.

Chloe ao recibir a carta quedou patidifusa e accedeu despois de pensalo coidadosamente. Ao seguinte día chamou ao alcalde e confirmou que ía ir ao parlamento para negociar sobre o seu nome de superheroína. Ao chegar estaban todos ao redor da mesa e comezou a falar o presidente:

- - Moi bos días a todos, hoxe imos proceder á decisión do nome da nosa nova compañeira porque claro está que unha superheroína non pode estar sen o seu nome especial polo que ser coñecida.

- - Estou de acordo.- dixo Catwoman

Chloe tiña a capacidade de dar cor ao mundo. Ela convertía as nubes negras en rosadas, as armas en rosas e os insultos en poemas de amor.

Superman, que ultimamente estaba moi creativo, propuxo un nome totalmente ridículo.

- Que tal friquiwoman? Ha ha ha.- burlouse el-

- Pois... eu tiña pensado un nome que me podería quedar ben, como xa sabedes eu son a que loita contra as guerras e as tormentas.

- - Ti polo que loitas é pola cor rosa non por outra cousa. Igual ca esta lambona que non fai nada e aínda así ten por nome Catwoman. Así que, señor presidente, eu propoño buscar a un home feito e dereito para loitar como é debido porque o que estamos aquí a demostrar é que calquera pode ser superheroe e eu penso que non é así.- dixo Batman interrompendo.

- - Calade todos! Temos que ser pacíficos ou senón vannos derrotar antes de empezar. Así que Chloe por favor continúa.

- - Pois gustaríame chamarme Pazwoman xa que polo que loito é a paz.

- - A min gústame.- afirmou Catwoman.

Todos os homes estaban en desacordo, a pesar de ser superheroes e loitar contra o mal era un país cheo de machismo.

- - Paréceme ben. Xa tes nome agora firma e imos falar do plan de defensa.

Despois de firmar comezaron a falar do plan de defensa.

- - Eu como presidente penso que debemos poñer todo o noso empeño en acabar con eses seres malvados que nos queren destruír. Así que alguén ten algo pensado.

- - Si... eu algo si que pensei. - dixo Chloe con desconfianza e medo.

- - Ti que vas pensar se só serves para cociñar, limpar e pouco máis.- volveu interromper Batman.

- - Queres deixar o machismo de lado dunha vez, non ves que quizais ela teña un plan xenial.- defendeuna Catwoman.

- - Ben, eu dicía que podemos poñer neste mapa que trouxen todos os puntos nos que hai máis perigo que se nos entren.

Procederon a colocar todos os puntos, nos que se tiñan que colocar, no mapa.

Algún máis contentos ca outros.

O enfrontamento estaba planificado para dentro de dúas semanas pero adiantouse un pouco e tiveron que protexerse como puideron. A guerra comezou nese instante, Spiderman púxose diante e encheu de teas de araña a un dos atacantes. Iso xa non era un equipo, iso era unha loita entre membros do mesmo equipo. Chloe non se rendeu e fixo o que se propoñía. Así foi como ela salvou o seu país sen facerlle dano a ninguén.

Chloe, despois de que o presidente a considerase a que mellor exemplo deu aos estudantes, tivo que dar un discurso que foi o seguinte:

- Hoxe foi un día moi importante e alegre porque conseguimos acabar co mal sen recorrer á violencia cousa que ten o seu mérito, pero isto só foi unha das cousas que vos demostrei. A outra é algo que en moitos lugares está presente que é o machismo, todos os heroes dubidaban de min tan só por ser muller e agora demostreille que son tan forte coma eles. Desde aquí quero mandarlles a todas as mulleres unha mensaxe, a mensaxe é que nunca deixedes que vos menosprecen por ser mulleres e que todos temos os mesmos dereitos.


Este discurso conmoveu a miles de persoas e Chloe foi nomeada Supermuller pola Unión dos Xéneros, que era una asociación que loitaban pola igualdade entre homes e mulleres.

6 de xuño de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Internacional do medio ambiente.
O principal obxectivo desta festividade é concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo un desenvolvemento sostible para preservar o medio ambiente. Ademáis preténdese promover a atención e acción política ao respecto. É necesario que todo o mundo ponga o su grao de area para conseguir manter o planeta nas mellores condicións posibles, na medida do posible.
O planeta é o noso fogar, e como en todo lugar no que habitamos calquera cousa que fagamos ten un impacto. O crecemento da poboación mundial nos últimos anos levou á explotación excesiva de recursos co fin de cubrir as necesidades dos seres humanos, pasando porriba das dutros seres vivos,o que sen dúbida ten o seu impacto na natureza. Le aquí algúns dos aspectos acerca de cómo impactan as actividades humanas no medio ambiente:
La sobrepoblación
Habitando el hábitat de otros
El famoso calentamiento global
La producción excesiva de desechos
Contaminación ambiental

Clica aquí para coñecer as cidades máis contaminadas do planeta.
EDUCATION FOR SUSTAINABLE DEVELOPMENT: CHILDREN SPEAK UP!

TOD@S CONTRA O ACOSO ESCOLAR

¿Te crees el líder de la clase porque te “hacen la ola” cuando te ríes de un compañero? JAMÁS LO SERÁS ASÍ. Busca dentro de ti… seguramente seas capaz de encontrar otras cualidades para llamar la atención de los demás sin hacer daño.

¿Alguna vez te has parado a pensar cómo se puede sentir la persona a la que estás humillando? Inténtalo… la empatía es la capacidad de ponerte en el lugar del otro, seguramente si la practicas comprenderás el dolor que estás provocando.

¿Te crees superior porque un compañero agacha la cabeza cuando te diriges despectivamente a él? En realidad estás demostrando ser un COBARDE.

¿Te crees valiente y fuerte por humillar a otra persona? Lamentamos decirte que el que disfruta con el sufrimiento de los demás es una persona DÉBIL.

¿Sabes que lo que estás haciendo, además, es DELITO? Puedes ser detenido y castigado por ello.

¿Conoces algún caso de acoso escolar pero prefieres mirar para otro lado? Esta actitud te convierte en CÓMPLICE. Denunciar estos hechos ante tus padres, profesores, o incluso ante la Policía, demuestra que eres una persona VALIENTE y que defiende los derechos de los demás.