"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

30 de nov. de 2015

25 NOVEMBRO: DANZANDO CONTRA A VIOLENCIA


Coa peza 'Demons', de Imagine Dragons, estivemos a traballar en Cidadanía e mais en Música o movemento e a coordinación, o mimo, o teatro... simbolizando palabras das relacións afectivas, xa foran positivas (agarimo, amor, igualdade...) ou negativas (desprezo, submisión...). A montaxe acaba cun selfie e as nosas mans violetas en alto para pararmos a lacra social da violencia machista.


24 de nov. de 2015

ARTUR E CLEMENTINA por UXÍA

Desfrutade con Uxía, a nosa contacontos de hoxe, artista natural que presenta a súa actuación en primaria o 25 de novembro de 2015.
Debuta con "Artur e Clementina"



22 de nov. de 2015

O MALTRATO SUTIL

Un día cualquiera, nunha cidade calquera, nun país calquera, naceu unha niña preciosa, os seus ollos o llaban todo con curiosidade.


LE AGORA ESTE ARTIGO COMPLETO AQUÍ.
El maltrato sutil causa dolor, inseguridad y baja autoestima, por lo que no debemos permitirlo. Protesta si hay algo te haga daño, aunque tu interlocutor se moleste. Si no lo entiende, carece de empatía y de de la adecuada inteligencia emocional para establecer relaciones saludables.

CANDO SE APRENDE A VIOLENCIA?


No mundo da infancia, a violencia non existe.

A ORDE DAS COUSAS

“El Orden de las Cosas” trata sobre a violencia de Xénero, e dende o principio decide abandonar o realismo para facer unha interpretación simbólica e intencionadamente surrealista da realidade co fin de provocar unha resposta reflexiva , moi distinta da que provoca a cruda realidade mostrada tal cual.

Gústame porque me deixa sobrecoxida, sen mostrar en ningún momento a violencia explícitamente. Utiliza metáforas visuais (a pinga de auga, o cinto, a bañera…), e por medio delas transmite a indefensión e o sufrimento producido polo maltrato e os seus efectos, mostrando os moretones pero non os golpes.
Nominado aos premios Goya no 2011, e gañador en moitos festivais.

ESTAMOS CONTIGO


uXÍA

VIOLENCIA 0

Este foi un dos videos que máis me gustou porque me chamou máis a atención. Aparte creo que transmite ben COMPROMISO por parte dos homes cara as mulleres.
Paula, 1º

DÍA 25 DE NOVEMBRO. HAI SAÍDA

Estes vídeos foros sen dúbida os que máis me chegaron, xa que para min foron os máis significativos. Nos dous casos enséñanos perfectamente que contra a viloencia de xérero hai salida, só fai falta contalo.
Tania 1º

13 de nov. de 2015

EUROPA, UN DESTINO












Somos @s alumn@s de 2º da ESO e en titoría estivemos vendo un documental sobre os subsaharianos que intentan cruzar a fronteira para chegaren a Europa e conseguir unha vida mellor.Veñen de Mali, Costa de Marfil... e viven en condicións pésimas nun campamento no monte Gourougou , en Nador, Marrocos, enfronte de Melilla.


Convidámosvos a velo!

Preme na foto superior para ir á web. Ao  vídeo pódeslle poñer subtítulos.