"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

22 de nov. de 2015

A ORDE DAS COUSAS

“El Orden de las Cosas” trata sobre a violencia de Xénero, e dende o principio decide abandonar o realismo para facer unha interpretación simbólica e intencionadamente surrealista da realidade co fin de provocar unha resposta reflexiva , moi distinta da que provoca a cruda realidade mostrada tal cual.

Gústame porque me deixa sobrecoxida, sen mostrar en ningún momento a violencia explícitamente. Utiliza metáforas visuais (a pinga de auga, o cinto, a bañera…), e por medio delas transmite a indefensión e o sufrimento producido polo maltrato e os seus efectos, mostrando os moretones pero non os golpes.
Nominado aos premios Goya no 2011, e gañador en moitos festivais.