"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

18 de dec. de 2014

GALA SOLIDARIA DOS XEITOSOS DE TRAZO

Para conmemorar o 35 aniversario da súa asociación cultural, o grupo "Os xeitosos de Trazo" celebrou o pasado sábado 13 de decembro unha gala solidaria na que recolleron alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago.

Lucas, Tomás e Carlos, de secundaria, e moitas xeitosiñas e xeitosiños de primaria participaron nesta gala, amosando así que a tradición continúa e que a canteira da asociación está asegurada.
Esa tarde respirábase un ambiente moi íntimo, cheo de sorpresas e discursos emotivos. Para algunhas persoas, lembranzas de anos e para outras foi un momento de descubrimentos. Para tod@s unha gran ledicia e ilusión compartidas.

Preguntámoslle a Lucas como xurdiu a idea de facer unha gala solidaria, e isto é a resposta que nos remitiu:

-      Como xurdiu a idea de facer unha gala benéfica?
-      A idea de facer unha gala benéfica foi xuntando dúas ideas: Primeiro, pensárase e falárase de facer algo para axudar, pero aí quedou a cousa. E despois, preparando a gala para celebrar o 35 aniversario, volveu a xurdir a idea  de facer algo solidario. Unha persoa das que organizaban (xa que todo isto era ás costas de Moncho, o presidente da asociación) propuxo facer unha recollida de xoguetes. A idea gustou moito, pero decidiron facer a recollida de alimentos porque pareceu que sería máis doada a participación da xente.  Despois, puxéronse en contacto cós Servizos Sociais do concello para ter orientación e información e para saber se algunha familia do concello precisaba axuda. Respondéronlles que as necesidades deste tipo están cubertas pola Cruz Vermella e orientáronnos cara o Banco de Alimentos de Santiago, que teñen moitísimas familias sen recursos. 
-      A experiencia foi boa?
-      Posto que todo isto o escribo coa axuda do que máis traballou do grupo, cóntovos o que el me dixo: "Para min foi unha experiencia boísima e creo que para todos foi unha gala que non esqueceremos en moito tempo. Eu por min repetía".

Os Xeitosos din humildemente que “querían darlle unha sorpresa a Moncho”, pero poderían telo feito de moitos xeitos diferentes e elixiron facer unha recollida de alimentos. Isto di moito da súa sensibilidade e compromiso tanto social como cultural.

Aplaudimos a solidariedade d@s Xeitos@s e desexamos que a esta primeira gala lle sigan máis iniciativas solidarias e que continúen alegrándonos coa súa música.

CAMBIO CLIMÁTICO


O día 10 de decembro  en Lima (Perú) houbo unha gran marcha pola defensa do medio ambiente,  a que se sumaron outras cidades do mundo. Nesta capital reúnironse representantes de 195 países para chegar a acordos e poder reducir a emisión de gases contaminantes que producen o efecto invernadoiro, e como consecuencia o quentamento global da terra.

A este ritmo de contaminación que producimos,  a temperatura media do planeta subiría uns 4 graos centígrados cara o final de século, algo moi perigoso para a vida no planeta según estudios  ciéntificos.

Na clase de naturais falamos sobre este grave problema  que temos que atallar entre todos mentalizándonos e cooperar co noso esforzo individual facendo cousas para protexer o medio ambiente e loitar xuntos para que os gobernos negocien solucións verdadeiras e exisir que se leven  a cabo.

Fixemos varios traballos na clase, e subimos  ao blogue o de Oscar.


QUENTAMENTO GLOBAL on PhotoPeach

16 de dec. de 2014

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCICIÓN

Este mes os de 1º traballou as descripcións de animais. Cada un elexiu un animal en perigo de extinción e investigou sobre eles. Tamén buscaron as razóns polas que están desaparecendo e incluiron esa información nunha presentación.

15 de dec. de 2014

AS FRASES MÁIS APLAUDIDAS EN 1º

Hoxe grabamos na clase as frases máis aplaudidas por nós, @s de 1º, do documental Lalia. Estabamos nervios@s e non dixemos nin a metade do que escribíramos o outro día. Eso si, foi todo improvisado, non ensaiamos nada. :)

11 de dec. de 2014

OBRADOIRO OBXECTIVOS DO MILENIO

Aquí tedes un video resumo do obradoiro sobre desigualdades de novembro.

ONU, OMS, OBXECTIVOS DO MILENIO

O día 13 de outubro o alumnado de 1º ESO iniciamos unha serie de sesións na biblioteca para investigar sobre a ONU e outros organismos internacionais.
Aprendimos tamén a manexar diferente bibliografía, así soubemos que os apéndices das enciclopedias son suplementos que se sacan cada dous anos para actualizalas.
Fixemos tres grupos de cinco persoas, buscamos e sintetizamos a información e ecollímola primeiro na libreta.
Aquí vos presentamos un powr-point sobre o tema.

A VOZ DE GALICIA INFORMA

Esta vez saímos en "La Voz de la Escuela" deste mércores 10 de decembro polo obradoiro sobre obxectivos do milenio.
Aquí tedes a noticia.

7 de dec. de 2014

DIWALI

Aquí tedes a presentación de Alba e Eloy sobre esta festa que é como aquí a de Ano Novo. Leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon esta presentación oral que veredes a continuación.

6 de dec. de 2014

PUNTOS NEGROS DOS DEREITOS HUMANOS EN ESPAÑA

Alex de PDC nos suxire que, para animarvos a participar no blog, vos fagamos algunha pregunta. Parécenos unha idea xenial e recollemos a súa proposta.
Á luz destes artigos, que dereitos humanos se están violando en España? Como ves a situación dos dereitos humanos no noso país? Poñede algún exemplo. Esperamos as vosas aportacións e comentarios.

INMIGRACIÓN, VIOLENCIA DE XÉNERO, IMPUNIDAD POLICIAL E DESAHUCIOS.
Artigo completo aquí.
O movemento internacional polos dereitos humanos, Amnistía Internacional, amosa a súa preocupación pola situación dos dereitos humanos en España. Destacamos aquí algúns dos puntos máis preocupantes:
A chegada de inmigrantes a fronteira sur.
A morte de máis de 50 mulleres ao ano por violencia de xénero.
Vítimas da Guerrra Civil e do franquismo.
ETA
Os desaloxos das vivendas.
Tes aquí o artigo completo.

DEREITOS HUMANOS: UN SOÑO POR CUMPLIR

O 10 de decembro celébrase o día internacional dos Dereitos Humanos. Recordamos o importancia da loita de Martin Luther King.

O 28 de agosto de 1963 en Washington DC, durante unha manifestación histórica a favor dos Dereitos Civís Martín Luther King realizaba un discurso que marcaba o camiño para terminar coa discriminación racista:EU teño un soño” dixo diante de 200 000 persoas.
O seu soño era o recoñecemento da igualdade de todos os seres humanos. As súas palabras trasmitían a idea de que todas as persoas temos dereito a vivir sen ser discriminadas polo sexo, nin pola nosa cultura, crenzas, procedencia, orientación sexual, capacidade, nin por calquera outra cuestión.
Para que non se produza esta discriminación os poderes públicos deben velar porque se respecten os dereitos humanos de todas as persoas.
Despois da II Guerra Mundial, nos inicios da Guerra Fría, cando aínda doían as feridas do nazismo e ante a situación de inxustizas que se vivía en todo o mundo, chegouse a un compromiso polo que todos os gobernos deberán respectar e cumprir unha serie de normas que nos converterán en cidadanas e cidadáns do mundo, dentro dun marco de igualdade. A sinatura dos Dereitos Humanos foi un feito excepcional na historia da humanidade.
Nós tamén somos responsables de que se respecten os dereitos das persoas que nos rodean e evitar calquera situación de discriminación. Na actualidade convivimos persoas que procedemos de moi diferentes culturas. E o noso deber, e unha responsabilidade ética, evitar situación de racismo e desigualdade.

2 de dec. de 2014

SAÍMOS NA PRENSA

Onte 1 de Decembro saímos no Correo Galego pola nosa participación no proxecto "O Mundo que Queremos".
Aquí tedes a noticia.
Soño con que un día, non moi lonxano, a linguaxe tamén teña cambiado e onde di "Os alumnos" podamos ler "O alumnado" e onde di "os profesores" vexamos "o profesorado".

El Correo Gallego, edición dixital

1 de dec. de 2014

GRAZAS POR SER SOLIDARI@

A semana pasada viñeron da ONG a recoller os alimentos que donamos. Foi unha gran campaña e queremos agradecer a todo o mundo a súa participación, tamén a todas aquelas persoas que fixeron a entrega na biblioteca do concello.