"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

6 de dec. de 2014

DEREITOS HUMANOS: UN SOÑO POR CUMPLIR

O 10 de decembro celébrase o día internacional dos Dereitos Humanos. Recordamos o importancia da loita de Martin Luther King.

O 28 de agosto de 1963 en Washington DC, durante unha manifestación histórica a favor dos Dereitos Civís Martín Luther King realizaba un discurso que marcaba o camiño para terminar coa discriminación racista:EU teño un soño” dixo diante de 200 000 persoas.
O seu soño era o recoñecemento da igualdade de todos os seres humanos. As súas palabras trasmitían a idea de que todas as persoas temos dereito a vivir sen ser discriminadas polo sexo, nin pola nosa cultura, crenzas, procedencia, orientación sexual, capacidade, nin por calquera outra cuestión.
Para que non se produza esta discriminación os poderes públicos deben velar porque se respecten os dereitos humanos de todas as persoas.
Despois da II Guerra Mundial, nos inicios da Guerra Fría, cando aínda doían as feridas do nazismo e ante a situación de inxustizas que se vivía en todo o mundo, chegouse a un compromiso polo que todos os gobernos deberán respectar e cumprir unha serie de normas que nos converterán en cidadanas e cidadáns do mundo, dentro dun marco de igualdade. A sinatura dos Dereitos Humanos foi un feito excepcional na historia da humanidade.
Nós tamén somos responsables de que se respecten os dereitos das persoas que nos rodean e evitar calquera situación de discriminación. Na actualidade convivimos persoas que procedemos de moi diferentes culturas. E o noso deber, e unha responsabilidade ética, evitar situación de racismo e desigualdade.