"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

18/01/2016

ENTROIDO COAS GAFAS VIOLETAS

A imaxe fala por si mesma. Á hora de elixir disfraces o sexismo segue estando presente. Seguimos legitimando estereotipos relacionados cos roles de xénero. Do mesmo xeito que cos juguetes, outorgamos ao neno a posibilidade de soñar con ser un super-heroe, Drácula, Superman, Spiderman, Batman, Ninja. Sen ningunha connotación engadida. O xogo polo xogo.


E aínda que as cousas cambiaron e xa hai moitas nenas que elixen como eles, ser vampiro, pirata, doutor ou policía, o que non cambiou é o estereotipo da muller con curvas e corpos perfectos. Calquera oficio ou rol que se elixe na maioría dos casos polas mulleres xa sexan pícaras ou adultas van irremediablemente acompañados sempre do adxectivo 'sexy':

Bruxa sexy, monxa sexy, policía sexy, enfermeira sexy, cavernícola sexy, ratona sexy, gata sexy, vampiresa sexy, presidiaria sexy, anxo sexy, egipcia sexy.

Todo SEXY, ata, personaxes tradicionalmente infantís como Caperucita Vermella, Alicia no país das marabillas ou Blancanieves teñen que ser sexies. Ás afortunadas que se permiten elixir super-heroes masculinos como Superman ou Robin a maioría das veces tamén os disfraces vense convertidos en sexies traxes de muller. O importante é estar guapa, non pasalo ben.

Así, ás nenas, négaselles dalgún xeito a posibilidade de xogar, porque xogar a ser únicamente sexy non é divertido. O corpo da muller convértese exclusivamente nun perchero, nun obxecto a ser exhibido. Ademais, tamén resulta aburrido, porque cando algunhas destas mulleres usan eses disfraces non asumen en realidade ningún rol que as diferencie do seu comportamento habitual. Se cadra  os roles sexistas marcáronlles tanto que nin o ven, ou  lles custa moitotraballo desfacerse deles.