"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

22/01/2016

CARTA ABERTA A DEPARTAMENTO DE PUBLICIDADE E VENTA DE XOGUETES

Despois de analizados os catálogos por parellas, fixemos un coloquio no que compartimos o que atopamos en todos eles.  Case todos comparten os mesmos valores e trasmiten estereotipos e roles sexistas.
Unha das actividades que reslizamos foi escribir unha carta as empresas de xoguetes.
Aquí publicamos dúas delas:

Á atención da dirección do departamento de publicidade e catálogos de xoguetes e do departamento de marketing

Son un estudante de 1º de ESO do CPI de Trazo. Diríxome a vostedes para comentales a miña proposta para eliminar o seximo na publicidade do seu catálogo de xoguetes da campaña do 2015.
Penso que deberían facer un catálogo onde as páxinas sexan da mesma cor e non esa separación de azul para nenos e rosa para nenas.
Tamén me parece importante que, á hora de poner imáxenes de rapazas ou rapaces xogando, non utilicen o estereotipo de neno=coche/arma e nena= barbie. É importante que vostedes saiban que é necesario modificar estas cuestións sexistas.
Ofrézome para asesorar ao seu departamento de publicidade sobre os catálogos de xoguetes dende o punto de vista dun neno e para aclara calquera dúbida ao respecto.
Sen máis, despídese de vostedes


Esteban, 12 anos






A ToyPlanet


Queridos fabricantes de ToyPlanet:

Na clase de 1º ESO de Igualdade de xénero estivemos analizando o sexismo en varios catálogos de xoguetes.  Cando miramos o de Toyplanet, vimos que era necesario ponernos en contacto con vostedes para que coñezan a nosa opinión.

Considero que a súa revista é boa tanto para nenos como para nenas, xa que ensina que aos nenos tamén lles gustan as bonecas e as nenas tamén lles gustan os coches. A miña compañeira e máis eu estivemos dándolle moitas voltas ao contido da súa revista porque é moi peculiar. Por un lado vostedes intentan non ser sexistas, pero ó mesmo tempo sono.

Comparado con outros, o seu catálogo non é, en xeral,  moi sexista. Aínda así, hai algún detalliños que o fan sexista. Sí, sei que pensaban que ninguén se decataría deses “pequenos detalles” pero estaban trabucados. Nos artigos para bebés non se aprecia o sexismo, pero nós puxémonos as gafas violetas e vimos algún deses pequenos detalles que mencionei antes.

Agora, a día de hoxe, démonos de conta de que os pequemos detalles din moito máis do que pensabamos.

Finalmente, para rematar esta carta, aconséllolles que revisen o seu catálogo e que pensen no sexismo e nos estereotipos.  Acaso parécelles normal que as  nenas xa dende bebés saiban que  teñen que ser princesas e que lles ten que gustar a cor rosa? Ou que os nenos teñen que ser astronautas e que lles ten que gustar a cor azul?  Parécelles ben que a un neno lle dea vergoña levar roupa rosa ou  disfrazarse de heroína? Pois iso é culpa das fotos e ideas que aparecen nos catálogos de xoguetes.

Nada máis. Espero que a miña carta lles faga reflexionar e se fixen máis para o ano que ven.


Uxía , 12 anos