"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

15 de mar. de 2018

8 MARZO: POEMA "NÓS"

Uxía, de 3º, escribiu un poema para odía de hoxe. Se clicades na foto, verédela recitandoo.




NÓS

Nós…
Os ollos avivados
o sangue por mirada
a valentía por lema
e a mente como espada.
Combater tales palabras,
que bocas din satisfeitas,
e que nos chamen obxectos,
tan bonitas e tan feitas.
Nós...
Ataques de rabia enferma,
mal corpo polas mañás,
nós tamén somos persoas
e trátannos coma cans.
Quérennos facer pensar,
que nós somos inferiores,
cando ó que teñen é medo,
é que sexamos mellores.
Nós...
Acabaemos coas barreiras,
apoiémonos, irmás!
vivamos como as mulleres
que nunca se rendirán.
Nós...
Esta fea, esta guapa,
esta tonta, esta gorda.
Esta que vai sen sorriso,
pola túa opinión vizosa.
Nós...
Levamos a vida ao lombo,
a nosa e a dos demais,
pero o problema vai vir,
cando a tiremos ao chan.
En calquera situación,
somos quen de decidir,
se ter fillos, cociñar,
con quen e como vivir
Comeza a revolución,
as mulleres sen fronteiras,
nin sumisas, nin escravas,
nin pesadas, nin tristeiras.

Uxía Iglesias

13 de mar. de 2018

8 MARZO: PREMIOS DE PUBLICIDADE MAZÁ PODRE AOS ANUNCIOS MÁIS MACHISTAS. 1ª EDICIÓN

Para rematar o acto, o club de igualdade presentou a 1ª edición dos premios "Mazá Podre" aos anucios máis machistas.
O premio consiste en 1 mazá podre, abucheo e pitada. 

Clica aquí para continuar vendo o acto e a presentación dos premios dos anuncios que elixiron.





TANIA: Por último, queríamos comentarvos unha novidade desta avaliación. Nós os 4, xunto con Myriam, creamos un clube de Igualdade.
Este clube fixémolo coa finalidade de darnos de conta de todo o machismo co que vivimos, e sabelo identificar mellor. Comentamos diversos temas dos que  poderíamos falar, e decidimos comenzar pola publicidade, xa que é algo moi habitual nas nosas vidas.


PAULA: Remataremos coa 1º Edición dos premios “Mazá Podre” aos anuncios máis machistas.


DAMIÁN:  Non foi fácil a decisión, pero… concedemos o terceiro premio ao anuncio da campaña de Atún Calvo Cuídales sin que se den cuenta, que recibirá unha mazá podre e un abucheo,..


PAULA:Neste anuncio, destacan moitas cousas, entre elas:
Por ser muller temos que ter bos peitos. Temos que servirlle os nosos maridos,
temos que coidalos. E sen que se note, no vaia a ser.
DAMIÁN: Atún Calvo, entendo que busquedes chamar a atención ao máximo posible para vender pero o machismo podédelo aforrar.
PAULA: As mulleres non necesitamos que ninguén decida por nós que temos que comer e cómo de delgadas temos que estar. É un pouco humillante para as mulleres e a xente gorda, pero ao voso rollo campeóns!


TANIA:  O segundo premio consistente en dúas mazás podres, abucheo e pitada…..
para as galletas  Princesa, as máis sabrosas.
MARÍA: Quererás dicir as máis rosas, non?
TANIA: Sí… niso tés razón.
MARÍA: Este anuncio de galletas é moi machista,  porque xa nos inculcan unha serie de valores dende ben cativas. Para empezar preséntalas como un dulce sólo para nenas.


TANIA: Empezando polo nome “Princesa”. Por ser nenas temos que andar con rosa. Sempre, sempre, sempre temos que ser como unhas princesas. Non nos podemos despeinar, lastimarnos. Temos que chorar cando nos doe algo, cando nos sentimos mal ou cando nos berran. Temos que ser SUPER amigas. Podemos xogar pero con coidado, ao fútbol xa nin probalo, que nos lastimamos, mellor con bonecas. Necesitamos das demais rapazas para pasalo ben. As nenas gústanos sempre coidar, como a nena do anuncio no seu can. Temos que ir sempre a última moda. Ir ben peinadas e arregladas. E para o colmo,  as galletas teñen forma de corazón. Coma nós, que por ser nenas, temos que ter corazón de princesa.


MARÍA:  E por último, o primeiro premio ao anuncio máis machista consiste en tres mazás podres, abucheo e pitada para o anuncio de Invictus:
      DAMIÁN:  Aquí vemos maravillosamente ben  os roles atribuidos pola sociedade tanto aos homes como ás mulleres.


Imos fixarnos no  home:
El fai unha entrada triunfal. Actúa con superioridade e é moi vanidoso.
E vistes a súa mirada? Desafiante e escéptico.
Faise o chulo, altivo e soberbio. Ten un xesto enérxico: destructor, destrúe aos xogadores de porcelana.
O que o anuncio nos está vendendo, ademáis da colonia, claro, e un modelo de home. Rapaces, xa sabedes,  se comprades esta colonia, non cabe ningunha dúbida de que vos convertirá en un home triunfador e de moito éxito coas rapazas. Seredes fortes, musculosos e poderosos. Serás un ganador, un triunfador. Sempre victorioso.
Crédelo?


MARÍA:  Veamos agora o papel da  muller:


Son consideradas un obxecto neste anuncio.
As mulleres espérano semi-desnudas. Ten as mulleres que el queira, e ao seu pé, ao seu mercer.
Son unha recompensa á súa victoria. Caen rendidas aos pés do home.
Levan unha tela vaporosa que se lles cae cando pasa o home triunfador.
As mulleres no final desnúdanse ante el, polo simple feito de levar o trofeo no ombro. Imaxe da muller que da pena. O que nos vende é que as mulleres non somos máis que unha cousa, o premio que recibe o home polo seu poder e éxito.


Hasta aquí a 1º edición dos premios  “Mazá podre”. Esperámosvos o ano que ven.
                                             María, Damián, Tania e Paula

12 de mar. de 2018

NON SON FÁCIL.

Un IES tinerfeño logra que la RAE cambie el matiz machista de ‘fácil’

El alumnado de Primero de Bachillerato del IES Manuel González Pérez consigue que la Real Academia Española recoja su propuesta ‘#HazloFácilRAE’ y modifique el significado de la palabra fácil, al eliminar "dicho especialmente de una mujer" y se refiera a personas.
“No soy fácil, soy Alba, Paula, Claudia, Emma”. Así comienza el vídeo que los alumnos de Primero de Bachillerato del IES Manuel González Pérez, de La Orotava, editaron a finales de enero para que la Real Academia Española (RAE) atendiera su petición y modificara la quinta acepción de la palabra fácil, discriminatoria para la mujer ya que aludía al adjetivo “que se presta sin problemas a mantener relaciones sexuales”, y la sustituyera por persona.
“Si ella es fácil, yo también lo soy”, dicen cada uno de los varones de la clase a continuación y culminan todos juntos con el lema: “no somos fáciles, somos iguales”. 


El viernes, un día después de que España viviera una jornada histórica a favor de la igualdad y en contra de la violencia machista, los alumnos y el centro educativo se enteraron por casualidad de que su propuesta había sido recogida por la RAE pese a que nadie de esta institución se los comunicó formalmente.

Todo comenzó el 25 de enero cuando Alba, una alumna del curso, vio en Instagram la definición de fácil y le preguntó a su profesora de Lengua Castellana y Literatura, Marisa Baute, si era real o una manipulación. Inmediatamente lo buscaron y comprobaron lo injusto del significado así que decidieron hacer algo rápido teniendo en cuenta que la imagen ya circulaba por redes sociales. Ese mismo día en un recreo acordaron que lo primero era hacer la petición a la RAE a través de la Unidad Interactiva del Diccionario (Unidrae) una herramienta que se creó en 2011 para recibir las propuestas y sugerencias externas relacionadas con el diccionario.
Rellenaron el formulario con el nombre de Alba, debido a que había sido la promotora de la iniciativa, pero nunca recibieron respuesta, ni siquiera un correo que confirmara que había sido recibida, cuenta Marisa. Al día siguiente grabaron el vídeo por la mañana y por la tarde ya se había hecho viral. En menos de dos meses han conseguido 11.154 visitas, según la última estadística de ayer por la tarde, y lo han subtitulado.


El 26 de febrero volvieron a dirigirse a la RAE para repetir su propuesta pero tampoco obtuvieron contestación. Debido a ello optaron por colgarlo en Twitter y la iniciativa comenzó a moverse.

Tal es así que la RAE se manifestó diciendo que no censuraba sino que recogía las palabras y que “fácil” se empleaba así desde hacía mucho tiempo.
Una explicación que no convenció a los alumnos dado que ellos sí creían en la posibilidad de modificar el significado. “No querían que la quitaran del diccionario sino que hiciera referencia tanto a hombres como a mujeres”, especifica la docente.

Fue Bárbara, una alumna de la Escuela de Arte Fernando Estévez, de Santa Cruz, la que comprobó que lo habían logrado debido a que este centro de educación superior se sumó a la campaña #HazloFácilRAE y editar un video reivindicativo con motivo del 8 de marzo. La noticia comenzó rápidamente a circular por Twitter y no tardaron en hacerse eco medios nacionales con el mismo hashtag.

A partir de ahora habrá un antes y un después para el alumnado del IES Manuel González y en especial para Primero de Bachillerato, porque han demostrado que los cambios son posibles, que comienzan en las aulas, pero tienen que ser ellos los principales impulsores.

5 de mar. de 2018

8 MARZO

Esta é unha clara imaxe de que para a muller todo      é dificil mentres que para o home todo  é moito  máis doado. O home  recibe mais cartos e axúdanlle a gañalos mentres que coa
a muller pasa todo o contrario, non llo poñen tan fácil a pesar  de combrar menos polo mesmo traballo. Traballando no mesmo oficio unha muller recibe in salario inferior. Por iso hai que loitar pola igualdade entre homes  e mulleres, para  que as mulleres poidan cobrar o mesmo que os homes.
As  mulleres sempre se nos soe poñer mais obstáculos na vida que os homes, pero superámo-los e se non os superamos aprendemos dos erros para volver a intentalo unha  outra vez ate que o consigamos.
Nesta imaxe tamén hai algo que non me gusta: como debuxaron a muller , sempre a soemos debuxar con moito escote, peitos grandes e cunha falda corta e tacóns. Isto son os estereotipos de xénero e os obstáculos cos que a muller ten que loitar para conseguir o mesmo.

Leticia Añón

8 MARZO

Repito, o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos facendo o mesmo traballo, de ver como as mulleres son discriminadas, maltratadas, violadas e todo eso por pensar que as mulleres son menos cos homes. Como o di o artículo 43:
-As mulleres e os homes teñen iguales dereitos e oportunidades. Por que isto non é así? Acaso non está mal incumplir as normas? Se violas a unha muller, a maltratas, a insultas, a humillas estalo facendo, incumprir as normas, pero incumprir as normas non e o máis importante, o máis importante é o daño que lle fas a unha persoa, que a ti non che fixo nada, que ela só quería ser feliz.
O máis grande de Galiza non é só a muller se non que tamén é o home que a apoia e trata ben, o peor de Galiza si que é un home maltratador.
Todos xuntos podemos frear esto!

Ahinoa Antelo

26 de feb. de 2018

LA PRISIONERA DEL MAGO

Sinopsis do libro: De Del o, unha rapaza filipina de 12 anos, foi vendida a un mago titiritero que percorre aldeas co seu espectáculo circense. Outras nenas corren a mesma sorte. Hans Ackefors, un europeo que perdeu á súa filla xornalista cando investigaba o tráfico de nenas, está entregado a desenmascarar a explotación infantil. Necesita a De-Del para conseguir o seu propósito.
Este libro recibiu o Gran Premio de novela para a mocidade de Unicef en 1999.
En clase vimos varios documentales sobre a esclavitude de nenas e a explotación infantil. O libro, un pouco difícil de comprender, abriunos os ollos a temas tan crus como o tráfico de seres humanos e a explotación infantil. Tamén vimos o contraste entre a vida no noso país e as condicións nas que viven os nenos e nenas en países en vías de desenvolvemento. Sorprendeunos moito ver como as nenas resígnanse a vivir separadas das súas familias, e como aceptan as humillacións a que son sometidas coma se tratásese de algo normal.

Para rematar fixemos cartaces sobre o tema da esclavitude infantil.

4 de feb. de 2018

PERCORRE O TEU LABIRINTO

Durante este curso estamos desenvolvendo un obradoiro de autoidentidade e autoestima na clase de titoría en colaboración coa ONG Intered. Nel traballamos emocións, autoconcepto, identidade e autoestima e xénero dun xeito lúdico e ao mesmo tempo reflexivo. O coñecemento de si mesm@s e do resto da clase é outro dos obxectivos a traballar. Neste video veredes algunhas das opinións da clase.

20 de xan. de 2018

A ROUPA

Esta imaxe é dunhas portas dos baños dun bar que se chama "La Liga", onde son moi futboleiros; é na zona vella de Santiago.
Diferenciades a porta dos homes e a das mulleres, verdade? Sabedes por que? Polos estereotipos que nos rodean e que estamos afeitos a escoitar. "As mulleres son as arregladas, as dos bolsos, tacóns, etc.. e os homes os de tenis e chandal".
Cada persoa ten que encontrar a súa comodidade deixando de lado a opinión da xente. A simple vista identificamos o aseo das mulleres co sinal do tacón e o dos homes coa bota plana.
Que ocurriría se un home fora vestido "feminino"? Tería que entrar no baño das mulleres? Un home tería que poder levar tacóns e seguir sendo considerado un home, e ó revés tamén: unha muller non arreglada de xeito "feminino" tería que entrar no aseo co sinal da bota de fútbol plana? A resposta é NON. A sociedade ten que romper cos estereotipos tanto na roupa coma todos os do noso arredor. Calquera persoa debería poder vestir con pantalón ou falda sexa home ou muller.
Moitas veces a forma de vestir das persoas se relaciona coa sua orientación sexual. Polo simple feito de levar un bolso ou maquillaxe, a xente pensa que son homosexuais. Parece que nos molesta que vistan así. Ou se unha moza xoga ó fútbol, moita xente pensa que é lesbiana. Temos moito que avanzar. As mulleres no pasado loitaron para que poideramos poñer un pantalón e a xente de hoxe en día ten que se dar conta de que debemos seguir loitando para que cada persoa, sexa home ou muller poida levar posto todo o que se lle antoxe. PORQUE SOMOS LIBRES DE VESTIR COMO QUERAMOS.

Alba Rey