"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

27/01/2015

DÍA DA PAZ

Unha de cada cinco persoas nas rexións en desenvolvemento sigue vivindo con menos de 1,25 dólares al día; ol empleo precario nos países do Sur representa o 56% de todo oempleo (10% nos do Norte); 842 millóns de persoas sufren fame crónica; 300.000 mulleres mueren por causas relacionadas co embarazo ou o parto; 748 millones de persoas utilizan fontes de auga non apta para o consumo.

O venres, no recreo, para conmemorar o día da paz, lanzamos ao ceo  faroliños chineses.
Os farolilños voladores nacen na tradición chinesa como vehículo para elevar os desexos da xente ata o máis alto do ceo e lograr así que se fixeran realidade.

Con estas linternas, nós, o día da paz, lanzamos ao aire os nosos desexos, para que as condicións de vida no planeta melloren para todos os seres humanos e que non exista tanta desigualdade social, económica , en definitiva, para  lograr un mundo mellor e máis xusto.
Aquí tedes o texto que cada curso escribiu para este día, baseado nas 6 prioridades que sinalamos na enquisa de participación da ONU.