"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

22/02/2015

MURAL DOS ODM

Unha das primeiras actividades en 1º foi coñecer os obxectivos do milenio. Repartimos os 8 obxectivos en parellas e limos sobre cada un deles. Despois dun traballo de busca da información en internet por parellas, fixemos este mural para a clase e unha presentación oral na clase de PRI.