"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

18/02/2016

DÍA DA PAZ

Na conmemoración deste día, reunímonos todos os grupos de secundaria para compartir algunhas das actividades que preparamos.
Uxía, de 1º de ESO leu o poema " Incomprensión" no que se pon na pel dunha nena refuxiada.
O grupo de 3º fixo un rap na clase de titoría e recitaron un poema en francés en memoria das vítimas do acto terrorista en París o pasado mes de novembro.

Cantamos en inglés 2 cancións: "Imagine", de John Lennon e "What a wonderful world" de Louis Amstrong.