"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

5 de abr. de 2017

IMAXINA A TÚA META

A carreira da vida está chea de obstáculos. Desde Farmamundi, proponnos que miremos ao redor e imaxinemos cómo podería ser a túa meta.

Farmamundi denuncia que en pleno século XXI a desigualdade de xénero na saúde persiste e a maioría das causas que a provocan son inxustas e evitables. Todos e todas podemos contribuir a reducilas; a toma de conciencia é o primeiro paso cara a igualdade de xénero na saúde.