Do 15 ao 25 de maio aloxamos a exposición dos Premios M. Josefa Wonenburger concedidos a mulleres galegas adicadas á investigación.
O obxectivo é recoñecer ás mulleres científicas galegas, dar visibilidade ao seu traballo e facer cheagar as contribucións das mulleres galegas na ciencia e na tecnoloxía.
É prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuirá a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas. Ademais, é necesario promover a eliminación dos desequilibrios que poidan existir no relativo á formación científica, no campo da investigación e innovación e na xestión do I D i, así como situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano.
Participamos esta actividade dende 4º de primaria a 4º ESO, non unicamente visitando a exposición senón coa realización de traballos de investigación e presentacións orais por parte do alumnado. A exposición tivo unha moi boa acollida e interese para todo o mundo, tanto profesorado como alumnado.
Deixamos aquí unha galería de fotos deste traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario