"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
21 de xan. de 2021
SI ME IMPORTA
Difundimos a campaña de Intermón Oxfam para denunciar a importancia da cooperación ao desenvolvemento. Mirade o video do concurso. Non deixa indiferente.
Oxfam Intermón lanza un "falso" reality para chamar a atención sobre as consecuencias que os recortes en cooperación teñen sobre as persoas máis pobres. A redución de case un 70% do presuposto para cooperación ao desenvolvemento dende o inicio da crise ten un impacto inmediato na vida de millóns de persoas. Oxfam Intermón lanza hoxe a campaña "Si me importa" para invitar á cidadanía a mobilizarse en favor da axuda ao desenvolvemento. Só tres dos dez participantes do "reality espectáculo" podían salvarse. O resto, os outro sete, tiñan que ser "descartados", perdendo as melloras que na súa vida e a das súas comunidades trouxo a cooperación e poñendo en risco as súas vidas. Deste xeito cru e sarcástico Oxfam Intermón quixo axitar conciencias e presentar de forma gráfica e directa as consecuencias que os recortes en Cooperación Internacional (case un 70% dende que comezou a crise) teñen sobre a vida das persoas máis vulnerables.
Aquí podes ler o artigo completo. Este é o enlace á web "Sí me importa", onde atoparás historias, comics, teatro, máis información e xeitos diferentes de sumarte á campaña de Oxfam.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario