"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

21 de xan. de 2021

QUE CONSIDERAS IMPORTANTE PARA CAMBIAR O MUNDO?

Participamos na enquisa global promovida polas Nacións Unidas para que todo o mundo sinale cales deben ser as prioridades para mellorar as condicións de vida no planeta.
Ista é unha iniciativa coa que se pretende trasladar aos líderes mundiais as demandas e prioridades da cidadanía co fin de cara a elaboración da próxima axenda internacional para o desenvolvemento, co obxectivo de loitar contra a pobreza no mundo e crear un mundo sustentable.
? Queda moito camino por percorrer.

Tomamos a palabra e participamos na enquisa da ONU. Dos 16 puntos que suxiren, temos que escoller 6 e xustificalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario