"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

5 de out. de 2014

11 de OUTUBRO. EMPODERAR ÁS ADOLESCENTES: POÑER FIN AO CICLO DA VIOLENCIA

"As nenas son o futuro así que é fundamental que exista un día que está integramente adicado aos seus asuntos" Leymah Gbowee Premio nobel da Paz 2011
Este ano os esforzos van encamiñados a promover a autonomía das adolescentes brindándolles educación, apoio social e coñecementos, educación práctica e para a vida e a fomentar a súa participación. Deste xeito búscase reducir o risco que sofren as adolescentes de ser vítimas de violencia física, sexual e psicolóxica. Para ilo, exhórtase a gobernos, Nacións Unidas, sociedade civil e institucións públicas e privadas a traballar de modo colaborativo para acabar coa violencia contra as nenas e promover a súa autonomía por medio das seguintes medidas:
1. Investir nas adolescentes para dotalas de destrezas, confianza en si mesmas e opcións de vida a través do núcleo familiar, a escola, a capacitación técnica e vocacional, e os sistemas de apoio sanitario, económico e social.
2. Facilitar o acceso das nenas á infraestrutura, os servizos e a tecnoloxía, buscando que respondan ás súas necesidades de seguridade, conectividade e mobilidade.
3. Coordinar a participación das nenas adolescentes na vida cívica, económica e política.
4. Seguir visibilizando a violencia contra as nenas e as mulleres e insistindo en que é totalmente inaceptable tanto no ámbito privado coma no público.
5. Mellorar a calidade dos datos, a medición e os fundamentos empíricos relacionados co empoderamento das nenas adolescentes e a violencia contra elas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario