"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

21 de out. de 2014

FILIPINAS. SABÍAS QUE...?

Sabías que Filipinas é un país formado por 7000 illas?
Falamos de Filipinas porque en lingua Castelá estamos lendo un libro titulado “La prisionera del mago” que ocorre en Filipinas. Comezamos esta actividade o día 13 de outubro na clase de PRI.
A nosa titora, na clase de PRI, deunos una ficha para completar e puxémonos en grupos de 4 persoas. Buscamos información en internet e puxémola en común.
Filipinas está situada no Sur-leste Asiático. Ten una extensión de 300 000 km2 e unha poboación de 99 000 000. A súa capital é Manila e o seu sistema de goberno de a república presidencialista. Ten 2 linguas oficiais: o filipino e o inglés. Tamén ten 8 linguas rexionais (o Tagalo unha delas) e 2 opcionais.
Sabías que…. en Filipinas se fala español? Pois si, porque Filipinas foi unha colonia de España durante case 300 anos. Ata que pasou a ser colonia estadounidense, por iso se fala tamén inglés. Non foi un país independente ata o 24 de marzo de 1934.
Sabías que… a esperanza de vida é de 68,7 anos? Comparado con outros países é moi pouco. Aquí en Galicia, por exemplo, é de 82,2 anos. Isto débese a fame, a pobreza e mala sanidade que teñen.
Sabías que…. a taxa de pobreza é do 26,5 %? Iso quere dicir que a ¼ parte da poboación vive con $1 ao día. Na clase dixemos o que nós podemos comprar con un euro ao día e , claro, quedamos moi afectadxs.
O que máis nos sorprendeu foi a taxa de mortalidade infantil, un 33%. Iso son moitxs nenxs. Por iso hai que axudar e colaborar con estes países tan pobres para mellorar a sanidade e a educación.
Lucía Viqueira, Jonathan Peón, Eduarda Andrade e Iván Rivas

Ningún comentario:

Publicar un comentario