"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

14 de out. de 2014

O MUNDO QUE TEMOS / O MUNDO QUE QUEREMOS

Na primeira sesión de Proxecto Interdisciplinar falamos na clase sobre este tema e fixemos un mural coa información recollida.
A profesora dixo que pensaramos no seguinte: “Se tiverades unha varita máxica e poiderades con ela acabar coas inxustizas que vedes no mundo, cales faríades desaparecer sen ninghunha dúbida?” Deixounos un tempo para pensar e repartiu uns post-its de cor amarela no que escribimos as nosas ideas.
Logo puxemos en común o que tiñamos e escribimos un post-it laranxa como nos gustaría que fose o mundo. Compartimos as nosas ideas e pegamos os post-its amarelos nun lado do mural e os laranxas noutro.

Gustounos moito a actividade, pois coñecimos as ideas que tiñamos todxs na clase.
Aquí tedes recollida a nosa reflexión.