"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

21 de abr. de 2015

5 PREGUNTAS PARA ENTENDER O DRAMA DA MIGRACIÓN A EUROPA

A deste domingo é a última traxedia: máis de 700 inmigrantes afogaron tratando de chegar en barco a Europa.
A embarcación en que viaxaban naufragou no Mar Mediterráneo a uns 210 quilómetros da illa italiana de Lampedusa.
É a mesma zona onde, só esta semana, o Guardactostas de Italia informou que rescatou uns 10.000 emigrantes cuxas embarcacións se viron en problemas.
E no que vai deste ano, calcúlase que unhas 900 persoas procedentes do norte de África morreron tratando de realizar o perigoso traxecto polas augas do Mediterráneo para chegar a Europa.
As cifras mostran un drástico aumento no número de persoas que intentan comezar unha nova vida en Europa, onde pensan que encontrarán mellores oportunidades de vida.
1. De onde veñen os emigrantes?
A cruenta guerra civil en Siria provocou un drástico incremento no número de emigrantes.
Segundo as axencias de axuda este conflito é a principal fonte de migración á Unión Europea. E agora o número de sirios que foxen do seu país superou o dos afgáns, eritreos e outras nacionalidades.
Pero tamén hai un gran número de persoas procedentes de África subsahariana que arriscan a súa vida para realizar o traxecto.
E en Libia moitos están dispostos a pagar sumas enormes de diñeiro a traficantes de persoas para escapar do conflito no seu país.
2. Hai agora máis persoas que emigran?
Os números certamente incrementáronse.
O ano pasado, unhas 219.000 persoas, refuxiados e emigrantes, cruzaron o Mediterráneo, segundo informes da axencia da ONU para refuxiados.
Unhas 3.500 persoas morreron.
En 2013, o total de persoas que chegou a Europa polo Mediterráneo foi moito máis baixo: unhas 60.000.
No que vai de 2015, calcúlase que polo menos 31.500 persoas cruzaron cara a Italia e Grecia, os principais puntos de entrada a Europa.
Máis de 3.000 emigrantes morreron cruzando o Mediterráneo dende xaneiro.
Os migrantes viaxan en barcos moi mal preparado para realizar o perigoso traxecto.
3. Por que chegan á illa italiana de Lampedusa?
Lampedusa converteuse nun "colo de botella" da migración porque é o punto europeo máis próximo dende o norte de África.
Non obstante, os centros de recepción de emigrantes noutros portos italianos, e en Grecia e Malta tamén están sobrepoboados.
Datos de Frontex, a axencia fronteiriza da Unión Europea, confirman que houbo un grande aumento no número de emigrantes que realizan a perigosa viaxe en barco dende Exipto e Libia.
4. É esta ruta do Mediterráneo o único traxecto de migración?
Non. Hai moitas outras rutas que tamén adoitan usar as persoas que queren chegar a Europa.
Grecia é un importante punto de tránsito. Moitas persoas viaxan a través dos Balcáns para tratar de chegar ao norte de Europa.
A veciña Bulgaria tamén viu un enorme incremento no número de persoas que fuxen de Siria que entran dende Turquía.
Antes da Primavera Árabe, a ruta polo occidente do Mediterráneo era un enorme desafío para España xa que moitas embarcacións que transportaban a inmigrantes de África subsahariana chegaban ás Illas Canarias.
Estes números diminuíron despois de que España reforzou a cooperación con Marrocos e fortificou os seus enclaves norafricanos, Ceuta e Melilla.

5. Por que se incrementaron os números de emigrantes?
As guerras en Sirya e Iraq son claramente os grandes impulsores da migración cara a Europa.
Os países veciños de Sirya recibiron uns tres millóns de regufiados. Millóns de sirios máis están desprazados dentro do seu propio país.
Pero moitos outros emigrantes continúan realizando perigosos traxectos dende o Corno de África.
Estes a miúdo son tratados brutalmente por traficantes de persoas e deben soportar a calor sufocante do deserto e o conflito político que actualmente asola a Libia, onde está o principal punto de partida.
Funcionarios italianos aseguran que a guerra que devastou a Somalia tamén provocou que moitos emigrantes, que son perseguidos xenuinamente, busquen asilo nese país.
Lampedusa converteuse no principal punto de entrada cara a Europa.
No caso de Eritrea, cre que moitos dos emigrantes son mozos que foxen do servizo militar obrigatorio, o cal se describiu como "unha especie de escravitude".
A situación en Eritrea tamén está deteriorada debido á represión política, din grupos de dereitos humanos.
En Afganistán, moitos continúan fuxindo da pobreza e a persecución política no país, e os letais ataques dos insurxentes do Talibán e de bandas criminais continúan con regularidade.
Tamén hai un alto número de chechenos que están a fuxir da atribulada rexión do Cáucaso norte, de onde moitos están a escapar debido aos combates e a pobreza.

Fonte: BBC Mundo