"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

06/04/2015

NUNCA ESQUEZO OS MEUS LIBROS

Sucédense tantas imaxes da matanza en Gaza, Palestina...que esta sociedade na que vivimos faise á barbarie, á morte e ás imaxes de cadáveres de nenos e xente inocente.
Esa dor que acompaña cada día a xente de Palestina é ás veces insoportable. Insoportable ter a certeza que a poboación civil apenas ten onde refuxiarse. Nin nas súas casas, nin nos colexios da ONU nin nas mezquitas. Existe tanta inxustiza no mundo que ninguén poida parar esta masacre?.
Hoxe vin unha imaxe: unha nena, recollendo de entre os escombros as súas xoias enterradas: libros que outro día axudáronlle quizais a evadirse das bombas, do son das ambulancias...
"Nunca esquezo os meus libros.." di.
Unha vontade inquebrantable de supervivencia, superación e resistencia.