"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

11 de out. de 2015

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS

Non son poucos quen afirma que a desigualdade de xénero é a nai de todas as desigualdades. E que acabar con ela é un requisito inapelable para lograr progreso social e económico en calquera sociedade. Tales afirmacións foron en certo xeito aceptadas pola comunidade internacional en tanto que a loita contra ela non só ten dedicado un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (o 5) senón que impregna transversalmente todos os demais. Ghene, Nurfahada, Lindsay, Jacinta, Irlane, Antonina, Sa, Darakhshan e Luiza téñeno claro: para acabar con esta inequidad, as nenas deben gozar das mesmas oportunidades e dereitos que os homes. Estas adolescentes de diferentes países:Filipinas, Nixeria, Paquistán e Brasil, levaron esta mensaxe ante algúns dos líderes mundiais citados en Nova York o pasado 25 de setembro na 70ª Asemblea Xeral na que se adoptou a nova axenda internacional de desenvolvemento. Elas foron as elixidas pola ONG Plan Internacional para asistir á cita na Gran Mazá e ser as portavoces de millóns de nenas e mulleres que sofren discriminación e violencia.
As nove rapazas alzaron a súa voz polas que non a teñen para pedir educación universal, pois as nenas que non recibiron ningunha formación teñen unha probabilidade tres veces maior de casar antes de cumprir 19 anos que aquelas que estudaron ata secundaria, como subliña un informe de 2012 do Fondo de Poboación da ONU (UNFPA). Todas reivindicaron o efectivo cumprimento de obxectivo número cinco:"lograr a igualdade de xénero e autonomía das mulleres" e especialmente respecto das nenas. Os datos e a realidade que reflicten urxen a tomar medidas. Sirvan de exemplo dous datos da Organización Internacional do Traballo que destaca Plan na súa campaña Por ser nena.
O primeiro é que o 10% das pequenas entre 5 e 14 anos realiza tarefas domésticas 28 horas ou máis á semana, o que as mantén afastadas dos estudos. Outro: o 98% da cifra estimada de 4,5 millóns de persoas que son explotadas sexualmente son mulleres e nenas.
Este 11 de outubro no que se celebra o Día Internacional da Nena, escoitamos e reproducimos nas seguintes entradas do blog as súas reivindicacións, inquietudes e soños de futuro a través destas adolescentes que tiveron a oportunidade de pedir cara a cara un compromiso real pola igualdade de xénero e os dereitos das mulleres a quen ostenta a batuta do mundo.