"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

18/09/2016

WANGARI MAATHAI: PREMIO NOBEL DA PAZ NO 2004

Wangari Maathai (1940-2011)
 Bióloga keniata, coñecida en Africa como “nai da defensa do medio ambiente”. Foi profesora na universidade de Nairobi, a pesar do escepticismo e a oposición dos estudantes varóns, foi a prisión en distintas ocasións. Foi parlamentaria no seu país, tamén é ministra de Medio Ambiente, Recursos Naturais e Vida Salvaxe.
 Maathai fundou en 1977 o movemento Green Belt (Cinto Verde), creado para frear a deforestación e conseguinte desertización do seu país, que plantou máis de 30 millóns de árbores. Este traballo é levado adiante maioritariamente por mulleres que ao recibiren unha paga por plantar árbores, teñen mellores posibilidades de atender aos seus fillos e fillas. Este movemento desenvolveuse ata converterse nun modelo de actuación en materia de reforestación, emancipación feminina e desobediencia civil.


Recibiu en 2004 o premio Nobel da Paz pola súa colaboración ao desenvolvemento sustentable, á democracia e á paz. 

“Un bo entorno vital é absolutamente necesario para lograr a paz na terra".