"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

4 de out. de 2016

11 de OCTUBRE: DIÍA INTERNACIONAL DAS NENAS

2016: «Progreso de la niñas = progreso de los Objetivos: Datos sobre la situación mundial de las niñas»
Máis de 1100 millóns de nenas menores 
de 18 anos están preparadas para 
afrontar o futuro. Investir nelas, 
permítelles construír unha vida mellor e 
crear un mundo máis pacífico e próspero
 para todos nós.

Investir na súa educación, saúde e seguridade en tempos de paz pero 
tamén nos de crises, axúdalles a alcanzar 
os seus soños e dar forma ás súas propias vidas.

O seu progreso non só é bo para elas; tamén o é para as súas familias, 
comunidades, nacións e o mundo.

As nenas sempre cambiaron o mundo; esta xeración pode facelo aínda mellor.

1100 millóns de nenas son parte dunha grande e vibrante xeración mundial 
preparada para asumir o futuro. Con todo, a ambición pola igualdade de xénero 
nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS) pon de manifesto as desventajas e a discriminación que pesa todos os días sobre as novas. Só un 
enfoque explícito centrado na recopilación e análise de datos pertinentes,
 desglosados por sexo, pode orientar as decisións de política e programas fundamentais, así como medir e comprender adecuadamente as oportunidades e
 os desafíos que enfrontan e identificar e realizar un seguimiento para avanzar
 cara a solucións aos seus problemas máis acuciantes.

Por todos estes motivos, o tema escollido para a celebración do Día Internacional
 este ano é o «progreso das nenas = progreso dos Obxectivos.