"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

17 de xan. de 2020

ATOPA O VERDADEIRO AMOR. 5: Contraseña

Capítulo 5: Contrasinal

Por moito que as revistas, as series de televisión, os novelones ou películas de amor véndannos a idea de que o amor é complicado e difícil e que todos os mozos son iguais, non é así. Hai mozos capaces de tratarte ben, cos que relacionarte de ti a ti, respetuosos, cos que divertirte... E aos que tratar ben tamén, claro. As relacións de amor non teñen que ser competicións, nin guerras de sexos, nin teñen que levar celos, nin roios difíciles que nos poñen como retos a conseguir ao malote que che trata mal pero cambiará, ou ter que ser a tía máis sexy ou o tío que máis liga. Hai outras formas de amar que non sexan relacións difíciles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario