"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

13 de xan. de 2020

A ROUPA DAS BAILARINAS

A roupa das bailarinas
O outro día, na televisión galega, soaba unha orquestra moi coñecida. Ese día en concreto facía un frío polar. Como era de esperar, ían cubertos cuns traxes abrigados (gabardina, pantalóns e zapatos de coiro). En cambio, as mulleres ían vestidas cuns maillots e flecos pendeirando deles, levaban as pernas e os brazos totalmente descubertos e un escote moi pronunciado. Por se fora pouco, elas eran as que bailaban para entreter o público; bailaban sobre unhas sandalias de tacón de agulla (duns 15cm apróximadamente). Levaban a cara toda maquillada e a pel que ensinaban estaba cuberta de purpurina e xoias pegadas a ela. A música que soaba era machista e estaba estereotipizada.
En diferentes actuacións cambiaban de roupa, mais se chegaban a poñer unha chaqueta, esta levaba o mismo escote. Tamén eran a altura e o tacón deses zapatos idénticos aos anteriores.
É obvio que é imposible bailar ou sentirse cómoda en tales traxes, pero a nosa arcaica sociedade pensa que é mellor así: que é mellor ensinar un corpo imposible de muller para agradar aos homes ca velas vestir unha roupa de carácter normal e deixalas mostrar o seu talento vocal coma cos rapaces de dita orquestra.

Alicia Martinez e Sara Conde

Ningún comentario:

Publicar un comentario