Levo desde 5º curso facendo judo e sempre me pareceu unha cousa xenial e igualitaria entre homes e mulleres. Pero, este ano, descubrín que os homes poden e deben facer judo sen camiseta (só co pantalón, o cinturón e a chaqueta do kimono), mais as mulleres non poden quitar a camiseta aínda que teñan roupa interior deportiva por debaixo. Foi o día que lle preguntei ao meu adestrador por esta norma cando me decatei de que non hai deporte en igualdade de condicións para os dous sexos. E pódese ver ben que hai kimonos de varias cores, que a norma de só unha cor mudou co tempo dende que se creou esta noble arte. O problema é que dende o século XIX que apareceu este deporte, ninguén pensou en mudar a absurda norma que lles impide ás mulleres sentirse frescas ao practicar judo. Eu penso que deberíase plantear a sinxela idea de que unha muller sen camiseta non é tan raro coma para estar prohibido.
Alicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario