"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

4 de feb. de 2020

DE MAIOR QUERO SER..... COMUNICADORA CIENTÍFICA

De maior quero ser... científica é unha miniserie entretida e educativa que axuda ás nenas a descubrir profesións do futuro na Ciencia, Tecnoloxía, Ingeniería e Matemáticas (do inglés STEM).
A protagonista deste episodio é Carlota, química traballando nun laboratorio e, ademais, comunicadora científica.
Utiliza fotografías, debuxos, animacións e tecnoloxías interactivas para explicar temas complexos de ciencia e saúde para todos os públicos. Tamén fai debuxos de medicina para os libros de consulta, e ata de tradutora para poñer en contacto a investigadoras e investigadores de diferentes disciplinas científicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario