De maior quero ser... científica é unha miniserie entretida e educativa que axuda ás nenas a descubrir profesións do futuro na Ciencia, Tecnoloxía, Ingeniería e Matemáticas (do inglés STEM).
A protagonista deste episodio é unha enxeñeira en robótica. Explica á súa filla que para construír un robot só hai que indicarlle de xeito claro certas instrucións: que, como e cando debe facer o que desexamos que realice.
Esta enxeñeira traballa nun hospital xunto a especialistas en ciencia, medicina e ingeniería. Constrúen robots quirúrgicos que axudan a médicas e médicos nas operacións, maniquíes robotizados para aprender antes de operar a pacientes reais ou robots capaces de distribuír a comida e as medicinas ás persoas ingresadas.
Queres saber máis? Infórmate aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario