"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

12 de feb. de 2020

A ESCLAVITUDE INFANTIL

Hoxe publicamos e compartimos con todo o mundo o magnífico traballo de documentación que realizou Jorge Lavandeira sobre a vulneración dos dereitos da infancia que supón a esclavitudde infantil.

A ESCLAVITUDE INFANTIL

Índice

1.- Introdución
2.- Definición
3.- Tipos de explotación infantil
4.- Causas
5.- Consecuencias
6.- Accións
7.- Conclusión

1.- INTRODUCIÓN

A organización Internacional do Traballo (OIT) sinala que actualmente uns 168 millóns de nenos e nenas son vítimas do traballo infantil no mundo.
Algúns países implicados son Indonesia ,Paquistán, Bangladesh e Nepal en Asia e Bolivia, Perú, Colombia en latino América.

2.- DEFINICIÓN


A explotación infantil ou escravitude infantil é a utilización de nenas e nenos en traballos normais ou perigosos para fins económicos ou familiares, ou doutra causa, afectando ao desenvolvemento persoal e emocional dos menores.

3.- TIPOS DE EXPLOTACIÓN INFANTIL

1. Nenxs maleteiros en fronteiras.
2. Traballos na cal e no carbón, canteiras e minas.
3. Traballos en venta ambulante.
4. Escravas sexuais.
5. Traballos na recollida de material de refugallo.
6. Traballos na servidume.
7. Empregados como adultos en campos agrícolas.
8. Fabricando tellas e ladrillos.
9. Nenxs malabaristas.

4.- CAUSAS DA EXPLOTACIÓN INFANTIL

Situación de pobreza: a pobreza nas familias impide que dispoñan dos recursos necesarios e de asistir a escola.
Nenxs que están sós buscan un traballo para poder sobrevivir.

5.- CONSECUENCIAS DA EXPLOTACIÓN INFANTIL
1.- Consecuencias físicas como dores crónicas, cortes, queimaduras...
2.- Consecuencias psicolóxicas como estrés, baixos niveis de autoestima e falta de esperanza no futuro.

6.- ACCIÓNS CONTRA A EXPLOTACIÓN INFANTIL
1.- Convenios e acordos internacionais contra a explotación infantil.
2.- Acción concertado dos gobernos.
3.- Regulación da idade mínima de acceso ao emprego.
4.- sistema de vixilancia e control social.
5.- Potenciar a educación obrigatoria.
6.- Programas para doar cartos as familias sen recursos económicos.

6.- CONCLUSIÓN
Na miña opinión, para acabar con este problema deberíamos en primeiro lugar, respectar os dereitos e liberdades das nenas e nenos.

Webgrafía:

Wikipedia.org: Definición
El nuevo diario: tipos de explotación infantil.
Acnur: Causas y consecuencias
Unicef.es
Educa.org

Jorge Lavandeira 1º ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario