"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

4 de feb. de 2020

DE MAIOR QUERO SER INVESTIGADORA CLÍNICA

De maior quero ser... científica é unha miniserie entretida e educativa que axuda ás nenas a descubrir profesións do futuro na Ciencia, Tecnoloxía, Ingeniería e Matemáticas (do inglés STEM).
Neste episódio de "De maior quero ser... científica" presentamos a unha investigadora clínica que traballa no campo da virología.
Unha investigadora clínica, especialista en virus, regresa dun congreso científico e conversa coa súa filla sobre o que se fai nunha reunión deste tipo. Ademais explica como se comunican os resultados obtidos na súa investigación a outras científicas e científicos e ao público en xeral.
Para coñecer a investigadoras clínicas que nos inspiran segue o enlace: http://www.inibic.é/cientificasenbio...

Ningún comentario:

Publicar un comentario