"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

27/11/2014

1 de Decembro. DÍA INTERNACIONAL DA SIDA


En xuño de 1981 científicos dos Estados Unidos informaron acerca das primeiras evidencias clínicas dunha enfermidade que logo se coñecería como síndrome de inmunodeficiencia adquirida ou SIDA. A súa causa, o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), foi identificada en 1983. Trinta anos despois, a epidemia estendeuse a todos os cantos do mundo e máis de 60 millóns de persoas infectáronse co VIH.

O VIH encóntrase nos fluídos corporais dunha persoa que foi infectada, tales como o sangue, o seme, os fluídos vaxinais e o leite materno, e pode ser transmitido a través do contacto sexual sen protección. O virus tamén se transmite entre as persoas que se inxectan drogas usando xiringas sen esterilizar, así como tamén por medio de hemoderivados non sometidos a análise previa. Así mesmo, da nai ao bebé durante a xestación, no parto, ou durante o aleitamento cando a nai é seropositiva.

Durante as décadas posteriores, o índice de infección aumentou de xeito espectacular, ao igual que o índice de mortes. Pero co tempo os novos tratamentos antirretrovirales comezaron a prolongar as vidas das persoas infectadas. Máis de 5 millóns de persoas tiveron a oportunidade de recibir un tratamento antirretroviral en 2009, o cal reduciu o número de mortes relacionadas coa SIDA en máis do 20 por cento nos últimos cinco anos.

Igualmente, nos últimos dez anos, polos menos 56 países estabilizaron ou reducido en máis de 25 por cen o número de novas infeccións de VIH. As novas infeccións de VIH reducíronse nun 20 por cento en tanto que entre os bebés se reduciron en máis do 25 por cento, o que se traduce como un importante paso cara á eliminación da tranmisión do VIH de nai a fillo para o ano 2015.

O sistema das Nacións Unidas estivo á vangarda deste progreso. Dende 1996, os seus esforzos coordináronse a través de ONUSIDA, o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA.


 O director executivo de ONUSIDA da a súa mensaxe  polo día mundial do SIDA.



Obxectivo 90-90-90

Guía rápida de población: www.prb.org