"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

6 de nov. de 2014

LALIA NA TITORÍA


Lalia é un documental grabado nos campos de refuxiados e refuxiadas de Arxelia. Nel vemos de xeito evidente o día a día nese campos. O director pon en boca dunha nena todos aqueles pensamentos que non poden saír á luz, non só pola situación de refuxiados senon polo silencio das mulleres nesa cultura. Silencio que gardaron a súa nai, a súa avoa, e que por fin pode comezar a romperse con Lalia, que expresa soños, emocións e recordos non vividos.
Despois de velo, na clase de titoría en 4º, comentámolo e eliximos unha frase do mesmo que nos impactou. Escribímola e explicamos as razóns.