"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

13 de nov. de 2014

O HINDUISMO: UNHA RELIXIÓN CON MÁIS DE 1000 DEUSES E DEUSAS

O hinduísmo é a relixión predominante en India aínda que convive con outras relixións como o Cristianismo, o Budismo e o Islam. Dentro das grandes relixións é a máis antiga e a terceira máis estendida a nivel mundial, máis de 800 millóns de seguidores.

Non ten fundador nin ordes sacerdotais, non existe un dogma único e carece de organización central. É por isto que dentro do hinduísmo podemos encontrar distintas correntes culturais ou escolas: deísta, teístas, monoteístas, politeístas, agnósticas e, mesmo ateas. Ten como principo "a unidade na diversidade" o que a converte nunha relixión complexa.
O hinduismo é unha relixión politeista, teñen miles de deusas e deuses, un dos máis populares é Ganesha, o deus con cabeza de elefante.


Segundo a lenda, o deus Shiva, o deus hindú da destrución, marchou á guerra e a súa muller Parvati, deseó tomar un baño, pero non habendo ningún garda para que vixiase a porta do seu apousento ocorréuselle a idea de crear un fillo para que o custodiase.

Parvati creou entón a Ganesha da pasta de sándalo que usaba para bañarse e lle deu vida dentro dunha figura. Entón ela situouno na porta e lle dió instrucións para que ninguén entrase. Mentres tanto o deus Shiva regresou da batalla pero como Ganesha non o coñecía non lle deixou que entrase no cuarto de Parvati. Shiva, enfurecido por este feito, colleu a súa espada e cortou a cabeza de Ganesha. Cando Parvati saíu e vió a Ganesha decapitado entrou en cólera. Entón ela adquiriu a forma da deusa Kali e ameazou con destruír os tres mundos existentes, o ceo, a terra e o subsolo. Vendo o malhumorada que estaba, os outros deuses estaban realmente temerosos e Shiva, nun intento de calmar a Parvati, transmitiu á multitude que trouxeran a cabeza do primeiro ser vivo que aparecese do norte (a dirección propicia asociada coa sabedoría). O primeiro ser vivo que apareceu foi un elefante. Entón trouxéronlle a cabeza do elefante e Shiva colocouna no madeiro do fillo de Parvati dándolle vida. Parvati púxose contenta e abrazou o seu fillo, o neno con cabeza de elefante que Shiva chamou Ganesha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario