"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

25/11/2014

Crise da auga



Alejandro; Damián;Martín González


Pódese dicir que a cantidade de auga exístente para todos os usos está comezando a escasear e lévanos a una crise de auga de considerable importancia a nivel mundial.

Aínda que a auga é o elemento mais abundante  na Terra, únicamente aproximadamente  o 2,53% do total é auga doce, e o resto é auga salgada.

 
Os recursos de auga doce vense reducidos porque:

 * Aproximadamente as dúas terceiras partes da  auga doce encóntrase  en glaciares.

*   Outra causa pola que non podemos dispoñer de toda a  auga doce que hai é pola contaminación. Uns 2 millóns toneladas de refugallos son botados diariamente en augas receptoras verteduras humanas e refugallos agrícolas (fertilizantes, pesticidas  e residuos de pesticidas).Como sempre, as poboacións máis pobres resultan as máis afectadas.

·        .*   As estimacións mais  recentes suxiren que o cambio climático será responsable de arredor do 20% dos incrementos da escaseza da auga a nivel global.

Rexións tropicais e subtropicais recibirán posiblemente unha cantidade de choiva inferior a media  regular. As condicións meteorolóxicas extremas son cada vez mais frecuentes o que provoca inundacións, secas e outros problemas como que  os caudais dos rios teñan períodos de fluxo escaso e que a calidade da auga empeore debido as cargas de contaminantes e ás subidas da temperatura.