"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

25/11/2014

TRAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe plantámoslle cara á violencia contra a muller.

MANIFESTO DO 25 DE NOVEMBRO

Non é un día, é todos os días. Non é aquí, é en todo o mundo. Non é só violencia, é violencia de xénero. Porque cada semana un home asasina á súa parella ou exparella en España. Porque a pobreza, a precariedade laboral, as xornadas interminables, as responsabilidades familiares e de coidados seguen a er, maioritariamente, rostro de muller.

Hoxe somos un pouco máis conscientes desta realidade e queremos contribuír ao cambio.

Abrimos os ollos á construcción do imperio dun modelo feminino pasivo, submiso, dependente e servicial e ao imperio dun modelo masculino forte e agresivo. Porque non nos gusta a idea que teñen de nós e queremos conformar un único xénero humano.

Sabemos que eses modelos se reproducen en todos os ámbitos da nosa vida diaria: nas nosas caras, nos nosos xogos, nas nosas familias, na música que escoitamos, nas redes sociais e na nosa maneira de relacionarnos… E non é xusto! Non é xusto porque contribúe a perpetuar as desigualdades.

Queremos apostar por novos modelos de relacionarnos baseados no repecto, na igualdade, no cariño, a axuda mutua, na confianza e na liberdade, en definitiva, queremos sumarnos ao bo trato.

Queremos seguir centrando os nosos sentidos en reciclarnos medrando en igualdade. Por iso hoxe celebramos:
- Que temos voz paradenunciar o sexismo.
- Que temos ollos para ver as desigualdades.
- Que temos oídos para escoitar a dor e as inxustizs.
- Que temos olfacto para prever os riscos.
- Que temos tacto para acariñarnos.

Recíclate. Todas y todos contra a violencia de xénero!