"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

28 de nov. de 2014

BOLSAS EN LUGAR DE FAVORES SEXUAIS.

SUDÁFRICA
Bolsas en lugar de favores sexuais para reducir a infección por VIH.
Mozas africanas aceptan as relacións con homes maiores a cambio de manutención.
Ofrecerlles unha bolsa gobernamental podería reducir estas relacións de alto risco.



Trátase dunha especie de bolsa que o goberno de Sudáfrica ofrece na actualidade a 11 millóns de nenos menores de 18 anos. Con ela, as súas familias obteñen entre 35 e 96 dólares cada mes, como apoio económico para a súa manutención. Aínda que cada vez máis fogares reciben esta axuda, aínda o 30% das familias non contan con ela, segundo os estudos realizados polo Instituto da Infancia da Universidade de Cidade do Cabo.
O 41% dos afectados en 2011 tiñan entre 15 e 24 anos, especialmente elas, que teñen un risco de tres veces maior que os nenos. Un das principais causas, o que denominan sugar daddies, ou o que é o mesmo, un home maior que, a cambio de sexo, ofrece comida, diñeiro ou o pagamento das cotas escolares. "Esta clase de homes teñen máis probabilidades de ser seropositivos e as súas novas noivas non se atreven a pedirlles que usen preservativo".
Lé o artigo completo aquí