"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

07/11/2014

SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI

Despois de recibir información nas aulas sobre a situación do pobo saharaui, o xoves día 6 pola tarde vimos o documental "Sahara Marathon".
Documental gravado en Alxeria que observa a situación dos/ás refuxiados e refuxiadas saharauís. Os preparativos do Maratón do Sahara, celebrado en Febreiro de 2003, serviranos de punto de unión para coñecer o punto de vista dun pobo afastado das súas cidades de orixe. O Maratón do Sahara é un dos acontecementos máis importantes en Alxeria xa que cidadáns/ás doutros países se desprazan alí para gozar do acontecemento e á vez ser testemuñas da situación dun pobo refuxiado dende hai décadas. O conflito que enfrontou a Marrocos e o Sahara Occidental por motivos de ocupación de terras deixou miles de saharauís fóra dos seus fogares. O documental está rodado en Tindouf, lugar onde se celebra o Maratón e onde moitos/ás saharauís viven dende hai 27 anos nun campo de refuxiados/ás. Dende 1991, a ONU xunto a Marrocos asinou un alto ao lume no conflito e dende entón non tomaron solucións definitivas ao respecto. Os/ás habitantes desprazados/ás do Sahara Occidental analizan a situación do seu pobo separado polo conflito e por un muro construído polos marroquís de máis de 2.500 quilómetros. Observaremos os preparativos do Maratón e contaremos coas declaracións dun dos seus participantes, Abdullah, un saharauí refuxiado en Alxeria que coa súa participación quere mostrar a situación do seu pobo.