"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

31 de xan. de 2017

Día da paz 2017

O Día da paz (Día escolar da non violencia e a paz) celébrase cada 30 de xaneiro, cabodano do pacifista indio Mahatma Ghandi. No acto conxunto no noso centro escoitamos diferentes cancións do alumnado de EP cos "top hits" do pacifismo como 'Imagine' de John Lennon ou 'What a wonderful world' amais de varios textos arredor da paz. Finalmente cantamos Quérote máis, versión do grupo ourensán O Sonoro Maxín da peza vasca Maite Zaitut, do grupo Pirritx eta Porrotx. A canción acompañámola coa lingua de signos (unha idea do CEIP Escultor Acuña). Premendo na imaxe ides á web coa letra, partitura e vídeos:
 querote-mais

22 de xan. de 2017

PEOPLE OF NOWHERE

"Xente de ningunha parte" é no que coa nosa indiferencia podemos convertir a todos os millóns de persoas que teñen que abandonar o seu pais para salvar as súas vidas.
Le tamén este artigo.
Despois de ver o video e escoitar a charla, escribe unha carta aberta co título: "Eles non teñen elección. Ti sí".

18 de xan. de 2017

A RUTA DOS REFUXIADOS

Este é un video da ONG Medicos sin fronteras no que coñeceremos algo máis da realidade e o sufrimento polo que pasan as persoas de Siria cando saen do seu país.

13 de xan. de 2017

POR QUE HAI GUERRA EN SIRIA?

O CONFLICTO SIRIO

Esta animación fue publicada en junio de 2013 y desde entonces nuevos acontecimientos han ocurrido en Siria: El auge de ISIS y la pérdida de influencia de la Free Syrian Army; la consolidación del poder de Assad y la desestabilización de Irak, entre otros.



Para saber máis