"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

10 de mar. de 2020

AS REFUXIADAS: VÍTIMAS DE ACOSO SEXUAL DURANTE A SÚA VIAXE A EUROPA

AI  (Amnistía Internacional) falou con 40 mulleres; todas denunciaron que os traficantes, o persoal de seguridade ou outros refuxiados sometéranas a malos tratos físicos e explotación económica e que as habían manoseado para ter relacións sexuais con eles.
Mulleres e nenas refuxiadas sofren violencia, agresións, explotación e acoso sexual en todas as etapas da súa viaxe desde Siria e Iraq cara a Europa, mesmo cando están en territorio europeo, sen que gobernos e organismos de axuda humanitaria proporcionen sequera garantías básicas de protección a estas persoas, segundo denunciou este luns Amnistía Internacional (AI).Esta organización de dereitos humanos entrevistou o pasado decembro no norte de Europa a 40 mulleres e nenas refuxiadas que foran de Turquía a Grecia para despois cruzar os Balcáns. Todas dixeron sentirse ameazadas e inseguras durante a viaxe.Ademais, moitas denunciaron que, en case todos os países polos que pasaran, os traficantes, o persoal de seguridade ou outros refuxiados sometéranas a malos tratos físicos e explotación económica, habíanas manoseado ou as presionaban para que tivesen relacións sexuais con eles.
Le o artigo completo aquí.
Muchas mujeres denunciaron que las habían sometido a malos tratos, explotación económica y tocamientos y las habían presionado para mantener relaciones sexuales
Una iraquí de 22 años dijo a Amnistía Internacional que un guardia de seguridad uniformado en Alemania le ofreció vestimenta a cambio de pasar tiempo a solas con él.
"casos de niños que han mantenido sexo de supervivencia para pagar a los traficantes con el fin de continuar su viaje, bien porque no tenían dinero o porque habían sido robados"

A HISTORIA DE MALAK.VIDEOCONTO DE UNICEF.

Hai historias que nunca estiveron pensadas para nenos. A historia de Malak é unha delas.
Despois de ver o conto, escribe en comentarios o que te suxire o video e como pensas tie que te sentirías en esa situación.

IVINE E A ´SUA ALMOFADA: VIDEO CONTO DE UNICEF

Ivine e a súa almofada é un conto sen fadas que ningunha nena nin neno xamais debería imaxinar e moito menos ter que afrontar.
Pincha aquí para ver o conto.

A HISTORIA DE KAREN. UNHA NENA REFUXIADA

Escoitamos a Karen, unha nena de Sudán reguxiada en Kenia. Ela nos conta a súa dura experiencia nun campo de refuxiados.

Desigualdades_La historia de Karen from Mundo Cooperante on Vimeo.

DEREITO DE ASILO: ACLARAMOS ALGÚS TERMOS


Busca a información en internet e elabora o seguinte traballo:
1.- Quen é unha persoa refuxiada?
2.- Quen é unha persoa desplazada?
3.- Quen é migrante?
4.- O dereito de asilo é un dereito fundamental da declaración dos dereitos humanos. Que é o dereito de asilo?
5.- Que é a xenofobia?
6.- Que é ACNUR?
Para realizar este pequeno traballo consulta as seguintes páxinas web:
ACNUR
Unidos por los derechos humanos
Contra viento y marea

Video: Quen é un refuxiado? que fai ACNUR?

!FELIZ CUMPLEAÑOS!

A túa vida pode cambiar en 1 minuto. Pensa que isto te pode pasar a ti tamén, non é algo que so acontece a miles de kilómetros de distancia.