"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

31 de xan. de 2017

Día da paz 2017

O Día da paz (Día escolar da non violencia e a paz) celébrase cada 30 de xaneiro, cabodano do pacifista indio Mahatma Ghandi. No acto conxunto no noso centro escoitamos diferentes cancións do alumnado de EP cos "top hits" do pacifismo como 'Imagine' de John Lennon ou 'What a wonderful world' amais de varios textos arredor da paz. Finalmente cantamos Quérote máis, versión do grupo ourensán O Sonoro Maxín da peza vasca Maite Zaitut, do grupo Pirritx eta Porrotx. A canción acompañámola coa lingua de signos (unha idea do CEIP Escultor Acuña). Premendo na imaxe ides á web coa letra, partitura e vídeos:
 querote-mais

21 de mar. de 2016

MÚSICA SILENCIADA: COMPOSITORAS


Mozart, Bach, Beethoven, Vivaldi... somos quen de lembrar moitos compositores de música clásica, pero, se pensamos en mulleres que se dedicaran á escrita e creación, non saen os nomes tan facilmente. De feito, se lle botamos unha ollada aos libros de texto da materia, pode que non apareza ningunha. 
Xa no s.XX, coa irrupción da música popular e o mercado de gravacións, a radio... a cousa foi cambiando, afortunadamente!
O alumnado de 3ºESO tennos unhas infografías preparadas para nos achegar a varias compositoras de distintas épocas musicais, todas recompiladas nesta web. Que vos guste!


Os traballos están recollidos nesta presentación de Google Drive:

30 de nov. de 2015

25 NOVEMBRO: DANZANDO CONTRA A VIOLENCIA


Coa peza 'Demons', de Imagine Dragons, estivemos a traballar en Cidadanía e mais en Música o movemento e a coordinación, o mimo, o teatro... simbolizando palabras das relacións afectivas, xa foran positivas (agarimo, amor, igualdade...) ou negativas (desprezo, submisión...). A montaxe acaba cun selfie e as nosas mans violetas en alto para pararmos a lacra social da violencia machista.


21 de maio de 2015

LIBERACIÓN


Ola!

Dende o curso de 2ºESO botamos unhas semaniñas preparando esta danza para o 70 aniversario da liberación do campo de exterminio de Mauthausen. 2ºESO CPI Viaño Pequeno (A Coruña). A música, de John Williams, pertence á impactante peli 'A lista de Schindler', sobre a que traballamos en Cidadanía. 
A idea era presentala o día exacto: 5 de maio. Ao final atrasouse unha semaniña e cadrou unha mañá solleira. 
Que vos guste!!! ;)


21 de abr. de 2015

AXÚDAME A MIRAR: Clip do dúo KARMA

Pedacito de mar que me consuela.
Pedacito de mar besando arenas.
Toda tu inmensidad dejando huella.
Ayúdame a mirar, ayúdame a mirar.

Encántame este grupo. Recoméndoo.

21 de nov. de 2014

MATRICARCAS

“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego “Lúas de outubro e agosto”que sairá a venda o próximo 25 de novembro. “Matriarcas” é unha homenaxe ás mulleres reais, aquelas que mostran a súa resistencia e valentía diante da vida cotiá, unha peza maxistral,  chea de emoción, que ha perdurar no tempo nesa convocatoria que fai á memoria e á presenza das mulleres, cunha dedicatoria explícita a Begoña Caamaño.